Durante moito tempo, a existencia do reino da Galiza pasou desapercibida para a historiografía dominante. Aínda sendo discutíbel o seu significado desde o punto de vista político, á luz da documentación é innegábel que houbo unha entidade chamada Gallaecia que ocupou unha posición de centralidade na Idade Media no aspecto demográfico ou territorial. Anselmo López Carreira é coautor, xunto con Xosé Miguel Andrade, da última das achegas que analizan esta realidade, o libro O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (Xerais). Publicamos unha longa entrevista con el no semanario Sermos Galiza.
Entrevista de Montse Dopico en Nós Diario
Anselmo López Carreira (Imaxe: Mark Zlick/Arquivo AELG).