O Jato Kósmiko fala sobre a tradución de topónimos, un fenómeno moi habitual que supón unha falta de respecto a unha cultura. Céntrase no caso do galego, pois como vén sabemos, a deturpación dos nosos topónimos é, tamén, moi habitual. Estamos fart@s de que digan Sangenjo, La Coruña, Orense, La Toja... E nós sabemos que son formas incorrectas, que van en contra do Estatuto de Autonomía de Galiza, ese que o gran Castelao tentou facer entrar en vigor. A única forma válida dos topónimos será a galega. Este vídeo xurdiu a raíz da última situación deste tipo que se produciu. E non foi nin máis nin menos que no Foro A Toxa, acto no que o presidente da Xunta estaba presente. Por iso, hai que loitar, para que haxa respecto. É por iso que as accións de Amesa son tan importantes. Así que xa sabedes. Loitade! Porque os nomes non se traducen.