05/10/20

Galiza pop | Aquel -e | LGx15

 

Intervención de Aquel -e no LGx15 de 2018. 
 
"Galiza perdeu nas últimas décadas practicamente toda conexión co mundo da cultura pop, sendo esta unha forma de conectar con gran parte da sociedade. Temos que recuperala. Cómpre deixar de rexeitar as innovacións do panorama internacional e adaptalas para facelas nosas, debemos poñer en valor a produción das milenials e crear un entretemento moderno. Temos que actualizar as vellas fórmulas e crear unha cultura pop galega contemporánea, só así conseguiremos conectar coas xeracións máis novas e co mundo actual." --- Aquel -e é graduado en lingua e literatura galega, músico e un milenial de manual. Xuntou todas estas paixóns nunha canle de YouTube baixo o nome de Aquel -e (https://i.gal/qcC7R), onde intenta poñer en valor a cultura milenial e da Xeración Z porque axiña terán que coller as rendas desta sociedade. --- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Capitol | Santiago de Compostela | 15 de novembro de 2018 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal.