A filla de Pepín, o único que conseguiu escapar da morte na Guerra Civil, doa a peza ao Concello para homenaxear a súa familia e ás ideas polas que loitaron, segundo o autor.
Catro homes. Un enriba doutro. E no cumio, a bola do mundo. Doce metros. Así é a escultura desñada por Ramón Conde que rinde homenaxe aos Irmáns da Lexía. Catro que foron militantes socialistas e tres foron exectutados no Campo da Rata nos primeiros meses da Guerra Civil. O que conseguiu escapar, Pepín, o primoxénito, emigrou. Pode ser que moitos xa non recordemos esta historia, pero a filla menor daquel supervivinte, Selva García Pomes, quere manter vivo o espírito da súa familia e que A Coruña non o esqueza. Aos seus 80 anos, encargou a escultura a Conde e a acaba de doar á cidade. Estará feita en novo meses e só queda buscarlle un sitio para que os Irmáns da Lexía (chamados así debido ao produto de cuxa fabricación vivía a familia), estén presentes na memoria de tódolos coruñeses.