“Farsa das zocas” é unha pequena peza teatral de Ricardo Carvalho Calero
(1910-1990) que conta un drama familiar con interese económico como pano
de fondo. Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG)
para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A
edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado
polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho, a quen
entrevistamos para este especial. Ademais, ofrecemos un pequeno agasallo:
un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as
personaxes recreadas por Carvalho Calero. É moito máis que unha lectura
dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos
presenta unha faceta menos coñecida de Cavalho Calero.