27/05/20

Visión dunha andaluza sobre o uso do galego na Coruña

Carmen Grimaldi é unha moza andaluza que leva un ano vivindo na Coruña e que nos conta a súa relación coa lingua galega desde as súas circunstancias... Ela é gaditana e xornalista. Traballaba na súa terra nunha revista cultural e mais no Consejo Audiovisual de Andalucía, que é o organismo controlador da programación televisiva para a Junta de Andalucía..., ata que botou un mozo coruñés; deixou o traballo, a súa terra e veu canda el. Na Coruña matriculouse na Escola Oficial de Idiomas para estudar alemán... e galego; tamén se anotou nos xuntoiros (grupos de conversa en galego) para mellorar a lingua. Atopou traballo nunha consultoría de xestión de mercadotecnia, na que xestiona a comunicación na rede para distintas empresas.