"O maio" é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o
poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de
Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun
proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas
voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba
con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e,
de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras
máis!