Información de Carla Elías en La Voz de Galicia (18-4-2020)
Os seus vídeos de poucos segundos que colga na plataforma Tik Tok atravesan fronteiras e chegan a numerosos países. Comecei dunha maneira moi inocente, bailando cunha amiga de broma, recorda Laura Franco. Leva apenas un ano na rede social (o seu usuario é @laurafranco111) pero esta xerontóloga de Noia converteuse nunha das galegas máis seguidas.
Comezou con vídeos máis humorísticos, pero covertiu o feminismo e o galego nos seus temas fetices. Busco a igualdade en todos os aspectos, aínda que priorizo á muller por temas persoais. Pero tamén intento que as persoas desconecten, e por iso subo humor e chistes fáciles. Á xente gústalle e eu pásoo ben, explica. Pero xusto o seu contido "serio" foi o primeiro que se fixo famoso e provocou que gañase moitos seguidores. Recaín en que as mulleres insultabámonos un montón entre nós, e pareceume tan pero tan feo que un día fixen o meu primeiro audio serio, sen bailar nin bromas, e viralizouse. Pero eu ignorei completamente Tik Tok un mes ou así, e cando entrei de novo tiña máis de seis mil seguidores novos sen decatarme, recorda.
Así comezouse a popularizarse, e non só na Rede. A xente comezou a facerme preguntas sobre o mundo do feminismo e eu seguín subindo vídeos. Comecei a darme conta da importancia cando me empezaron a parar na rúa para quitar unha foto, recorda.
Agora a súa popularidade mídese en miles e millóns. Conta con máis de 182.000 seguidores, suma 7,7 millóns de gústame e os seus vídeos máis imitados superan as 90.000 versións. Pero, a guasa vén de serie. Sempre fun de humor fácil. De feito, os chistes máis elaborados a min non me fan graza. Normalmente contaba un chiste e ría eu soa. Os meus amigos non rin nunca, ignóranme completamente. Pero en Tik Tok atopei a persoas que teñen o meu humor malo. Botéillelo en cara aos meus amigos! Bromea.