01/04/20

Coronavirus e 2º de Bacharelato (unha pequena axuda)

Con isto do coronavirus e da cancelación das clases en Galiza, moitas estudantes de bacharelato estamos preocupadas debido ás ABAU (probas ás que nos enfrontaremos este ano e que determinarán o noso acceso á Universidade). Non sabemos moi ben cando poderemos volver aos institutos con normalidade, e mentres non o fagamos deberiamos seguir a repasar o temario nas nosas casas coa fin de non esquecelo; mais isto non é tan doado como semella. Como estudante de 2º de Bacharelato ao que lle custa moito chapar, creo que podo aportar o meu gran de area para suavizar o problema. Se queredes saber algo máis tedes que ver o vídeo enteiro e, se pola contra o que queredes son resumos e materiais online cos que repasar de xeito menos pesado, podedes mantervos subscritas a esta canle.