Falan de ti é o segundo single que MJ presenta como adianto do que será o seu novo disco. Un tema que parte dunha esencia acústica, a guitarra e voz de MJ, á que se lle suma o baixo de Laura Romero e as percusións a cargo de Ailén Kendelman. Todo isto envolto por uns ventos dirixidos por Richi Casás, que interpreta tamén o saxo tenor e alto, e completa a sección María Prado na trompeta xunto con Paula López no trombón. Con tintes latinos, mais sendo fiel á súa esencia, MJ marca un punto de inflexión que nos encamiña cara o que poderemos atopar no seu novo disco: A Luz Prendida.