20/02/20

Antía Yáñez no IES Monelos

Charla sobre a súa novela Senlleiras ao alumnado de 1º de bacharelato do Centro


O venres 14 de febreiro Antía Yáñez realizou unha charla no IES Monelos sobre a súa novela Senlleiras.
Unha novela que trata das mulleres que rachan co silencio.
O argumento desta trata sobre unha influencer que sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.
A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.
Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.