Como era a Galicia dos anos 20 do século XX? Nesta serie de vídeos
explicativos animados botámoslle unha ollada á sociedade galega de hai
100 anos. Comezamos por unha visión panorámica á poboación, a economía a
política e a sociedade deses anos, marcada pola emigración, o movemento
agrarista, a ditadura de Primo de Rivera, o crecente desenvolvemento
das cidades e a escasa presenza das mulleres na vida pública.