O exprofesor de secundaria Xosé Antón Fraga considera que é un novo agravio para a figura do xeólogo Isidro Parga Pondal posto que foi o responsable da súa expulsión da Universidade de Santiago en 1936.
Considera por outro lado que os máximos responsables da Real Academia Galega das Ciencias deberían ter aclarado este aspecto na Unidade Didáctica publicada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia durante este curso. Na presentación desta unidade o presidente da Real Academia falou de trasladar aos alumnos valores nos
que, segundo el, salientou o científico Batuecas: a rigorosidade, a
tenacidade, a sinceridade e a honestidade (sic). Aspectos que se poñen en cuestión co seu comportamento ético neste apartado.
Ver o artigo en La Opinión de A Coruña: De academias e académicos: un novo agravio a Isidro Parga Pondal 29/12/2019
Información sobre a Unidade Didáctica
Información sobre a Unidade Didáctica
Isidro Parga Pondal |