14/11/19

Conferencia de Xosé Antón Fraga sobre a Granxa Agrícola de Monelos

O exprofesor do IES de Monelos, Xosé Antón Fraga, deu unha conferencia este 14 de novembro sobre un traballo dirixido por el sobre a  Granxa Agrícola Experimental de Monelos ao alumnado de 4º de ESO. Nesta charla recalcou a importancia que tivo esta instalación para o desenvolvemento agrario e gandeiro de Galicia. Aquí naceu por exemplo a raza rubia galega do gando vacún, investigación sobre o lúpulo e loita contra as plagas como a que lle afectaba ao castiñeiro.
A Granxa estaba situada no centro do actual polígono de Elviña e na década dos sesenta do século pasado foi desmantelada para a creación deste barrio residencial e a avenida de Alfonso Molina. Foi sustituído actualmente polo Centro de Investigacións Agrarias situado en Mabegondo no concello de Abegondo.