O domingo 20 de outubro clausúrase o Festival de Cinema Fantástico da Coruña.
Para pechar a semana, proxectaranse películas fantásticas do cinema
galego e xaponés, estas últimas infantís. Ademais, ata o 27 de outubro,
poderase visitar a exposición de Xurxo Penalta, un dos ilustradores
galegos máis importantes a nivel internacional. O día 31 será o día
adicado á caracterización, cun obradoiro de FX e unha andaina zombi pola
Coruña.