18/09/19

Parabéns ao uso do galego nos restaurantes da Coruña

Un aplauso a un dos mellores locais de hostelaría da Coruña, O Sibarita. Sempre nos sorprende agradablemente cos seus anuncios de manxares a pé de rúa. Cómpre aplaudir os hostaleiros que usan o galego con normalidade. Tomen nota.