Inauguración da Real Academia Galega
O 30 de setembro de 1906, nacía oficialmente a
Real Academia Galega. A iniciativa xurdiu na Galicia emigrante na
Habana, que lle encomendou a Manuel Murguía crear e constituír unha
institución encargada de elaborar o dicionario e a gramática do idioma
do país. Pero o mandato non se cumpriu inicialmente como se agardaba. A
sesión inaugural, celebrada na Coruña, quedou reflectida en galego, con
emoción e un chisco de retranca, nunha crónica non oficial da académica
correspondente Hipólita Muíño que recuperamos nesta xornada.