16/09/19

Dúas das tes mulleres asasinadas non serán oficialmente vítimas da violencia machista

Eran Sandra, de 39 anos; María Elena, de 58; e Alba, de 27. O home do que Sandra levaba máis dun ano divorciada acudiu á vivenda que noutrora compartiran para asasinar á que fora a súa parella; ao velo chegar, a nai e mais a irmá da muller saíron da casa e José Luis Abet, asasino confeso, disparou mortalmente tamén contra elas. No entanto, nin Elena nin Alba constarán nas estatísticas oficiais das vítimas mortais da violencia de xénero.