30/07/21

O impacto das vacinas da COVID: unha quinta parte de hospitalizacións e 17 veces menos mortes coa mesma incidencia

 Información David Lombao en Praza Pública

Viais da vacina de Pfizer-BioNTech contra a COVID, preparados en Ourense para a súa administración CC-BY-SA Foto: Sergas | Montaxe: Praza Pública

 

Cámara Branca María Reimóndez

 


Entrevista a Teresa Moure. Cámara Branca

 

ENTREVISTA | Manuel Casal Lodeiro

 

O futuro de Alcoa e as electrointensivas, a produción enerxética en Galiza, o extractivismo nos países do sur... Afondamos nestes temas con Manuel Casal Lodeiro. 

 A propósito da incerteza en torno Alcoa, o autor decrecentista explica que nos atopamos precisamente cun dos debates que o decrecemento quere poñer sobre a mesa: "Ou nos obsesionamos por manter crecendo algo finito ou pensamos nunha reorganización da sociedade". Lodeiro ten claro que "os nosos fillos non van vivir de Alcoa, iso sabémolo. Imos ter o valor de pensar alternativas?" . Sobre a discusión política ao respecto, sostén que "os partidos de esquerdas non se atreven a saír do guión do produtivismo e o crecemento económico", mais advirte que xa hai certas diverxencias, sobre todo en Francia.

DAKIDARRÍA "Mil berros" - Videoclip oficial

27/07/21

Cambre comezou o Cromático Mural Fest con tres novas obras

 Información Melissa Orozco en La Voz de Galicia

Slim Safont, traballando nunha parede da rúa Amil. CESAR QUIAN 

Con telepeaxe e primando as viaxes recorrentes: así quedan as rebaixas da AP-9 a 27 anos da fin da concesión

Información David Reinero en Praza Pública


 

O número 100 - MJ Pérez no Perosinho Cultural (Curta-documental)

 

"O número 100" é unha curta-documental realizada por Pablo Lomba que xira arredor do concerto realizado por MJ Pérez no Perosinho Cultural o 1 de xullo de 2018. MJ ofreceu o seu concerto número 100 en Perosinho (Portugal), terra da sua nai e que forma parte das raíces da cantautora. Non podía ser un lugar e unha data máis especial para un concerto tan significativo. Aproveitando tal acontecemento, Pablo Lomba acudiu cámara en man para realizar esta particular curta-documental que mostra como foi este día e como é o Perosinho Cultural a través da visión da cantautora MJ Pérez. 
                          

26/07/21

MJ Pérez - Dor de Cotovelo (Festival O Valse) @ Ao Vivo

 MJ Pérez interpreta o tema "Dor de Cotovelo" dentro do "I Festival O Valse" na Sala A Fundación (Melide)

 


25/07/21

Das Irmandades da Fala ao primeiro izado da bandeira: 12 fitos do galeguismo que desmontan o prexuízo sobre A Coruña

 Información de Mila Méndez en La Voz de Galicia

A cidade que máis tópicos arrastra sobre o seu carácter pouco galego revelouse varias veces como pioneira en Galicia.
 
O enterro de Curros : comercios pechados, crespóns negros nas ventás e a bandeira cubrindo ou cadaleito. A despedida a Manuel Curros Enríquez (falecido en Cuba en marzo de 1908 e soterrado en abril na Coruña) foi multitudinaria Alberto Martí Villardefrancos 

Historia do balneario de Mondariz

Fragas do Eume-Mosteiro de Caaveiro. Ruta dos encomendeiros.

 


Pardo de Cela (Historias de Galicia)

 


Pontedeume

 


O Día de Galicia en #MenosDunMinuto

 


Manu Chao,Josefa de Bastavales,Xurxo Souto e Pinto de Herbón

Catro pedazo de artistas facendo unhas regueifas improvisadas e Manu Chao ca guitarra acompañando a sua querida Josefa a cual levou polo mundo adiante a cantar e tocar a pandereta con el. 
 

24/07/21

QUEN REPARTE OS CARNETS DE GAIEGUIDADE??

 


Mito e paisaxe desde a torre de Breogán

 Información de Rodri García en La Voz de Galicia


 

Unha instalación sonora lembra en Vigo o Laxeiro máis irreverente

25º aniversario da morte de José Otero Abeledo

 Información en Nós Diario

Laxeiro en Bos Aires, en 1970. (Foto: Fundación Laxeiro)
 

O Jalisco, o galán que quería vivir do conto pero dábaselle mellor matar

 Información de Alberto Mahía en La Voz de Galicia

En 1948 acabou coa vida da súa esposa, sogra e cuñada en Oleiros, cumpriu condena, foise a Canarias e alí asasinou á súa nova muller e á filla desta.


 

Deputación e Concello buscan unha fórmula legal para axudar á asociación A Gaiteira

 A sociedade recreativa ten unha débeda coa entidade provincial que lles impide recibir subvencións.  Foi desafiuzada do seu local da rúa Gaiteira, por falta de pagamento de aluguer

Información de E. Carballo e S. Abad en  La Opinión de A Coruña

Desafiuzamento da Sociedade Recreativa e Instrutiva da Gaiteira. Víctor Echave

 

Unha ducia de Bandas no retorno do SonRías Baixas

 Información en Praza Pública

Doce contos do Festival Atlántica

 Información de Montse Dopico en Praza Pública

José Luís Gutiérrez, Guti, na súa intervención no Festival Atlántica na Portela, na Pobra do Caramiñal © Festival Atlántica

 

Os Vacalouras mais Quim Barreiros - O Samil é Portugal (Videoclip Oficial)

 


UXÍA - Bos amores

 


23/07/21

Luar Na Lubre - Dum Pater Familias (sin intro)

Obra do artista multidisciplinar catalán Manel Calderón. Excelente traballo de animación sobre o máis antigo himno dos peregrinos recollido no Códice Calixtino.

 


Luar Na Lubre - Os Tafenos da Gaurra

 


Xoana - Folk Sessions

 


A androia - Gastronomía para non perderse (1)

 


Pontevedra, a costa do infinito azul. Pío García Audiovisuais

 Este proxecto audiovisual pon en valor a riqueza paisaxística, etnográfica, histórica e turística dos 398 Km de costa que unen A Guarda e Catoira, pasando por Oia, Baiona, Vigo, Redondela, Vilaboa, O Morrazo, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, A Illa de Arousa e Vilgarcía. Ante os nosos ollos desfilarán acantilados, fermosas praias ou numeorosos núcleos de poboación costeiros que definen o pobo galego e a súa forma de vida.

19/07/21

100 anos da bandeira galega no Pazo Municipal da Coruña

 O martes, día 20 de xullo, ás 19 h, farase unha visita guiada á exposición 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Pazo Municipal, comisariada por Manel Cráneo e Henrique Torreiro. 

 A mostra conta cun módulo de banda deseñada histórica realizada por Manel Cráneo e Manuel López Poy, e debuxada por Alberto Taracido e Rubén Rial. Un cómic que permite entender a evolución da bandeira galega desde finais do s. XIX ata 1921, ano no que se iza por primeira vez nunha institución. 

O Concello da Coruña foi a primeira institución pública en Galiza que aprobou izar a bandeira galega o 25 de xullo de 1921, a proposta do concelleiro nacionalista Lois Peña Novo e estando de alcalde o republicano Antonio Lens Vieira. Para completar a proposta expositiva, unha selección de ilustradores e ilustradoras, a plataforma Coruña Gráfica, ofrecen a súa homenaxe artística e persoal á bandeira galega. A visita guiada será realizada polo seu comisario Manel Cráneo. A exposición está en María Pita, na sala de exposicións do Concello.


 

Descubrindo Istambul | TOXÍO

 


AUSCHWITZ: O FRACASO HUMANO | TOXÍO

 


Unha semana por EXIPTO en 2 minutos | TOXÍO

 


Atardecer no Gaiás | Cartel de 2021

 


A conta do #DígochoEu en TikTok ten xa 2 millóns de 'likes'!

 


225 km / 24 horas - Capítulo 4. Ribeira do mar

 


18/07/21

Fernández-Albalat, a modernidade da Coruña nunha caixa de cristal

 Información de M. Carneiro en La Voz de Galicia

 

Fernández-Albalat e Rodríguez-Losada expoñen en 1964-67 un edificio administrativo e de vivendas para a Xefatura Provincial do Movemento que se afasta rotundamente da linguaxe arquitectónica institucional acostumado na ditadura. Articulado en dous corpos, pecha o barrio histórico da Pescadería na confluencia de San Andrés e Juana de Vega , e dota dunha nova identidade á praza de Pontevedra. Marcos Míguez

A unitaria da Luaña (Brión)

 O peche da escola unitaria da Luaña é o enésimo exemplo do desleixo co rural galego.

As 50 do YouTube - Xuño 2021

 


225 km / 24 horas - Capítulo 3. Dorsal e terras baixas

 


17/07/21

✅ 15 accións para loitar contra o CAMBIO CLIMÁTICO 🌍 🔥

 


O festival de títeres tradicionais Titiriberia celébrase en Rianxo do 20 ao 24 de xullo con dez espectáculos, dous deles estreas

 Información de Montse Dopico en Praza Pública

Comba Campoi, da Asociación Morreu o Demo, impulsora de Titiriberia

 

A Comisión Europea, preguntada pola ría de Pontevedra, viu "proporcionado" revisar concesións para eliminar prexuízos ao medio ambiente

 Información de David Reinero en Praza Pública


 

Unha ducia de 'camiños naturais' en Galicia (que non van a Compostela)

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Camiños a Santo André de Teixido

Convivir Deportivo. O programa de radio que fai país a través do deporte

 Información de María Yáñez en Vinte


 

225 km / 24 horas - Capítulo 2. Terras medias

 


16/07/21

Por que producimos tanto MARISCO? 🐙🦀🐠

 

Lei de Cambio Climático [EXPLICADA] 🔎📓

 


A Audiencia Nacional considera ilegal a prórroga da concesión a Ence outorgada polo Goberno de Raxoi en funcións

 Información en Nós Diario


 

A escena máis actual da música galega, protagonista no Apóstolo 2021

 Información en Praza Pública

Chicharrón, Verto, Rodrigo Cuevas, Dani, Ladilla Rusa e Boyanka Kostova son algunhas das bandas e artistas que estarán no Apóstolo 2021 CC-BY-NC-SA Praza Pública / Imaxes promocionais das bandas

 

A taxa de risco de pobreza en Galicia acada o seu nivel máis alto nunha década e supera a media española

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

O risco de pobreza é maior entre a infancia e a mocidade © Igaxes

 

225 km / 24 horas - Capítulo 1. Montañas do leste

 Serie documental en catro capítulos que fai un percorrido pola paisaxe galega e a vida das persoas que a habitan e a conforman seguindo o Camiño de Santiago de leste a oeste. Neste percorrido, dáse conta de como vai cambiando a paisaxe en Galicia da montaña ao mar, do máis deserto ao máis poboado, do máis natural ao máis urbanizado.

15/07/21

A perda da toponimia tradicional na Coruña

 Praza da Fariña, Campo da Leña, As Cernadas, A Ramalleira, O Regueiro… A investigación de Iván Méndez publicada pola Real Academia Galega sinala un “declive” da toponimia da Coruña pola expansión da cidade e o desexo de honrar persoeiros ilustres, que levaron consigo a perda dunha toponimia vizosa e da memoria deses lugares.

1906 A forza de Hercules - Himno para o RC Deportivo da Coruña

Música: Jesús Suárez / Xosé Lois Romero

53 BAIXADA DO EUME. PONTEDEUME 31/08/2019

 


Ferrol, GZ."Solpor en Doniños". (HD)

 


Fragas do Eume. Fervenzas de Somede. As Pontes

 


Conversacións Eumesas: Antón Rey

 Reportaxe sobre Antón Rey, un dos mellores deportistas da vila eumesa de Pontedeume. Nesta coversa fala sobre os seus comenzos no piragüismo, os seus referentes, os adestramentos, o Firrete e moitas máis cousas interesantes.

Surf en Campelo. Valdoviño

 


Pontedeume e comarca

 


O novo traballo en solitario de Faia

 A cantora Faia Díaz prepara o lanzamento do seu primeiro disco en solitario, producido polo Hevi (Malandrómeda, Fluzo). Neste traballo a compoñente de De Vacas explora e reivindica, cunha ollada moi persoal, os cantos tradicionais transmitidos polas mulleres.

13/07/21

Galicia é o décimo territorio de maior produción leiteira en Europa, cun incremento do 9% en cinco anos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

O Couto Misto / O Couto Mixto - (Galicia, Cruce de Miradas) TVG

 


María Mera: as súas REDES SOCIAIS

 


5G 📡 | Que é? é seguro? afecta ao medio ambiente?

 


Festival Kerouac 2021

 No mes das Letras Galegas de 2021, o festival Kerouac de poesía e performance celebrou a súa quinta edición desde Nova York co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de unir as dúas beiras do Atlántico a través da poesía. Velaquí un vídeo resumo deste relevante evento literario que desta volta levou o galego á mítica igrexa de Saint Marks Poetry Project.

A coherencia do GALEGO

 


O efecto de tomar o sol na nosa saúde, en #MenosDunMinuto​

 


11/07/21

O DEZASEIS | Uxía ft. Guadi Galego

Xurxo Martínez, autor de 'Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde' xunto a David Rodríguez, debulla a Historia da cidade desde a perspectiva das clases populares

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

#MissVaca2021. Teixa, Varela, Nogueira e Pucha desatan a loucura en Twitter

 Información en Vinte


 

O cerebro tamén domina as relacións dixitais: medra a importancia da educación afectivo-sexual

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Ilustración de encontros 'online' CC-BY-SA Alexandra Koch/Pixabay

 

#DígochoEu Un par de dúbidas: como se pronuncia Cee? Como se di 'rodaja'?

 


Conversa con LETI DA TABERNA

LELLI KELLYS - ANTROSPINOS 2019

 


10/07/21

O xulgado decreta o internamento nun centro dos dous menores presuntamente implicados no asasinato de Samuel

 A maxistrada que tomou declaración aos catro adultos detidos pola súa posíbel relación co crime optou por enviar a prisión, comunicada e sen fianza, aos tres varóns mentres que a muller, de 19 anos, quedou en liberdade coa obriga de presentarse ás comparecencias no xulgado. Mentres continúa a investigación, organizacións LGTBQI+ manteñen a súa convocatoria de manifestación en protesta polo asasinato para este domingo ás 19.30 horas. 

Información en Nós Diario

Amizades de Samuel no decorrer da concentración na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press)

 

Cando 'limpar' o monte destrúe o ecosistema das matogueiras e favorece os incendios

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Antes e despois do desbroce de matogueiras © MEL

 

Xela Arias, alén dos clixés

 Información de Montse Dopico en Praza Pública


 

Unha ducia de recantos da Casa Museo de Rosalía, que fai 50 anos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

As cousas que cruzan o ceo, en #MenosDunMinuto

 


Camiño de Santiago Días 57-60, Camiño Fisterra Días 1-4: Santiago a Fisterra (~89 Kms)

 


#DígochoEu​ Mellor non digas xabarín

 


09/07/21

De Santiago á Estación Espacial Internacional: científicos galegos experimentan á procura da "revolución no deseño de fármacos″

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Sonia Veiga e Nuria López Lorenzo, investigadoras do grupo Molecular Pathology of Rare Diseases do CiMUS da USC © Jesús R. Requena/CiMUS

 

Exploradores en San Simón. Un documental en realidade virtual achéganos ao Festival Sinsal

 Información de María Yáñez en Vinte

O Parlamento Europeo pide protección á pesca artesanal fronte á eólica mariña tras ser obviada nos plans do Goberno español

 Información de David Reinero en Praza Pública


 

TANXUGUEIRAS - Figa (Videoclip Oficial)

 


Non Digas - GALEGO DE TODO O MUNDO

 


Susana Rodríguez Gacio, médica e atleta paralímpica, portada da revista "Time"

 Susana Rodríguez Gacio, a atleta paralímpica viguesa, é a portada da prestixiosa revista Time pola súa traxectoria deportiva e vital. A publicación norteamericana escolleu a Susana canda outras tres deportistas de sona internacional: Sue Bird, Allison Felix e Naomi Osaka. Na edición dixital da revista inclúese un vídeo en que se destaca a faceta de Susana como médica, que loitou contra o virus ao tempo que se preparaba para os Xogos. 


 

'Un país en 360' - A illa de Ons

 


08/07/21

#DígochoEu Non digas *estropear

 


Concerto Treixadura. Completo.

Concerto Treixadura. 25 anos da creación da Universidade de Vigo (ano 2015). Nese vixésimo quinto aniversario, esta instución conta coa música do grupo Treixadura. Un concerto no que que eles como formación tamén cumpriron 25 anos e no que ademáis presentan o seu  traballo "Vendima Tarda" coa especial colaboración do histórico coro Cantigas e Agarimos de Santiago.
 

07/07/21

Tres en Raia

 Juanito naceu en novembro de 2015 coa síndrome de Down. Xiana Lastra e A banda da Loba (ABDL) escribíronlle e compoxéronlle esta canción: “Tres en raia”, que agora dedican a todas as persoas con Síndrome de Down. O videoclip gravouse na Fundación Down Compostela e presentouse na gala que organizaron o 21 de marzo de 2018 para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down e o seu 21 aniversario. A canción forma parte do primeiro álbum de ABDL: “Bailando as rúas”. A banda da Loba cedeulle a Down Compostela este vídeo, realizado de forma totalmente altruísta por Seispés Produccións Creativas. 

 


Humor: mes de xullo en Galicia


 

Os mellores vídeos dos 21 días co galego e máis #DígochoEu

 


3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de... Chantada e Ourense

 


A cidade de Lugo énchese de arte urbana

 


#DígochoEu​ Un par de dúbidas: 'camilla'? 'rinchar os dentes'?

 


04/07/21

Un mozo de 24 anos morre tras recibir unha malleira de madrugada no paseo de Riazor

Samuel Luiz Muñiz traballaba no xeriátrico de Pai Rubinos, unha institución asistencial centenaria na Coruña

 Información de Gemma Malvido e Antares Pérez en La Opinión de A Coruña

Información en Nós Diario


 

 

Cambre defende a recuperación das casas Bailly con 1,3 millóns

 Información en La Voz de Galicia


 

A dragaxe da ría do Burgo, adxudicado por 32,2 millóns

 Información de D. Vázquez en La Voz de Galicia


 

Dixitalizando afectos: da "aceleración" para manter os vínculos na pandemia ao "hipermercado" das relacións

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública


 

O efecto invernadoiro. Experimenta na casa

 


Visita en liña por Youtube | Os brancos segredos do seu ventre

 


#VideoSelfieTVG​ - Sleepy Spice

 


03/07/21

Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico

 


Francisco Caamaño, profesor na USC de medicina preventiva e de saúde pública: "Hai que manter unha mínima prudencia ante a COVID. Non procede que haxa moita xente xunta nunha festa, aínda non é o momento"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Interior da Sala Pelícano, na Coruña © Sala Pelícano

 

As visitas a Meirás, de exaltar o ditador a recibir as súas vítimas na reapertura como patrimonio público

Información de David Lombao en Praza Pública

Vítimas da ditadura e representantes de entidades memorialistas, do Concello de Sada e do Goberno de España, na primeira visita a Meirás como patrimonio público, este 1 de xullo © Goberno de España

 

XXXVI Mostra internacional de Teatro de Cangas

 María Armesto, directora artística: “Gustaríanos poder facer unha Mostra máis ampla, con máis días, e máis internacional" 

Información de Montse Dopico en Praza Pública

María Armesto, segunda pola dereita, nunha anterior edición da Mostra de Teatro de Cangas © Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

 

 

Unha ducia de espectáculos finalistas da edición 2021 dos Premios María Casares de Teatro

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

A lingua das bolboretas de Sarabela Teatro
 

Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán: "O mar para quen o traballa"

 


#VideoSelfieTVG​ - Familia Caamagno

 


02/07/21

Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nun Día das Letras que recoñecerá o labor da intelectualidade galega no exilio

 Información Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

10 anos, 10 autores, 10 libros | María Canosa

 


FAN FAN Peregrinando (2ª parte)

 


FAN FAN: Peregrinando (parte 1ª)

 FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan. Este episodio é o primeiro dunha dupla que trata a que pode ser unha das accións máis representativas do fandom: a peregrinación. No mundo hai miles de lugares aos que viaxan fans buscando a esencia dun referente ou coa pretensión de renderlle tributo. Ás veces son casas-museo, tumbas ou monumentos, outras son lugares de rodaxe ou sitios dos que se falaba en cancións e libros... Neste FAN FAN seguimos, a través de músicas e testemuños, o rastro de ídolos (maioritariamente) mortos como Elvis Presley, Federico García Lorca, Sylvia Plath, Rodrigo Cuevas, Theo Angelopoulos ou o apóstolo Santiago, aproveitando para tratar, entre outras cousas, a dimensión relixiosa do fenómeno fan (ou a dimensión fan do fenómeno relixioso). 

 

#VideoSelfieTVG​ - Los Jinetes del Trópico