13/07/21

Festival Kerouac 2021

 No mes das Letras Galegas de 2021, o festival Kerouac de poesía e performance celebrou a súa quinta edición desde Nova York co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de unir as dúas beiras do Atlántico a través da poesía. Velaquí un vídeo resumo deste relevante evento literario que desta volta levou o galego á mítica igrexa de Saint Marks Poetry Project.