27/07/21

O número 100 - MJ Pérez no Perosinho Cultural (Curta-documental)

 

"O número 100" é unha curta-documental realizada por Pablo Lomba que xira arredor do concerto realizado por MJ Pérez no Perosinho Cultural o 1 de xullo de 2018. MJ ofreceu o seu concerto número 100 en Perosinho (Portugal), terra da sua nai e que forma parte das raíces da cantautora. Non podía ser un lugar e unha data máis especial para un concerto tan significativo. Aproveitando tal acontecemento, Pablo Lomba acudiu cámara en man para realizar esta particular curta-documental que mostra como foi este día e como é o Perosinho Cultural a través da visión da cantautora MJ Pérez.