16/07/21

225 km / 24 horas - Capítulo 1. Montañas do leste

 Serie documental en catro capítulos que fai un percorrido pola paisaxe galega e a vida das persoas que a habitan e a conforman seguindo o Camiño de Santiago de leste a oeste. Neste percorrido, dáse conta de como vai cambiando a paisaxe en Galicia da montaña ao mar, do máis deserto ao máis poboado, do máis natural ao máis urbanizado.