15/07/21

A perda da toponimia tradicional na Coruña

 Praza da Fariña, Campo da Leña, As Cernadas, A Ramalleira, O Regueiro… A investigación de Iván Méndez publicada pola Real Academia Galega sinala un “declive” da toponimia da Coruña pola expansión da cidade e o desexo de honrar persoeiros ilustres, que levaron consigo a perda dunha toponimia vizosa e da memoria deses lugares.