02/07/21

FAN FAN: Peregrinando (parte 1ª)

 FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan. Este episodio é o primeiro dunha dupla que trata a que pode ser unha das accións máis representativas do fandom: a peregrinación. No mundo hai miles de lugares aos que viaxan fans buscando a esencia dun referente ou coa pretensión de renderlle tributo. Ás veces son casas-museo, tumbas ou monumentos, outras son lugares de rodaxe ou sitios dos que se falaba en cancións e libros... Neste FAN FAN seguimos, a través de músicas e testemuños, o rastro de ídolos (maioritariamente) mortos como Elvis Presley, Federico García Lorca, Sylvia Plath, Rodrigo Cuevas, Theo Angelopoulos ou o apóstolo Santiago, aproveitando para tratar, entre outras cousas, a dimensión relixiosa do fenómeno fan (ou a dimensión fan do fenómeno relixioso).