Conversa con Anxos Sobriño, actual presidenta da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización da Língua. Coñecemos á persoa tras semellante cargo, á responsable en certo modo de todas esas charlas da CTNL no LGx15, ese TEDx do galego. Un pracer ter falado con ela.
15/05/21
A Liña do Galego recompila 219 denuncias por vulnerar os dereitos lingüísticos en 2020
A pesar da pandemia, ao confinamento e á escasa mobilidade, A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o seu informe de 'A Liña do Galego' na que tramitou máis de 200 queixas.
Máis información en Galici@press
14/05/21
Concurso "GalegoconCiencia" (1ª edición)
Listaxe de gañadores da 4ª semana e gañadores do concurso
Gañadores do concurso:
1º e 2º ESO
Amalia García Blanco (2º ESO A): 1º premio
María Rodríguez Blanco (2º ESO A): 2º premio
3º e 4º ESO
Deserto ao non acadar a puntuación básica
1º e 2º Bacharelato
Laura Mato de la Iglesia (1º Bach. B): 1º premio
Non hai segundo premio ao non acadar a puntuación básica.
A entrega de premios realizarase o luns 24 de maio.
1º e 2º de ESO na porta nº 1 do instituto no primeiro recreo.
Bacharelato na mesma porta no recreo deste nivel.
Grazas pola vosa participación!
E parabéns aos gañadores!
Pincha na imaxe de abaixo (segundo o curso) para participar
Darío Gil Arias - Xela Arias. Onde canta a poeta - Letras Galegas 2021
Darío Gil Arias, fillo de Xela Arias, recita un poema de 'Darío a diario' (1996), o libro que a autora lle dedicou cando era só un bebé. O vídeo forma parte da serie de micropezas 'Xela Arias. Onde canta a poeta', unha produción da Real Academia Galega no marco da programación do Día das Letras Galegas 2021. A Academia produce ademais a serie documental 'Xela Arias. A palabra esgazada', tamén dispoñible en Youtube.
13/05/21
Telexornal Xela Arias
Telexornal Xela Arias. Informativo realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices, Rois.
Hai debate!
Concurso de debate organizado polo departamento de filosofía do IES Monelos coa colaboración do EDLG do centro. Participa o alumnado de 1º de bacharelato (do 25 de abril ao 17 de maio). No ano de Xela Arias.
12/05/21
Xela Arias. A palabra esgazada - Quedas en nós - Capítulo 6 - Día das Letras Galegas 2021
Inditex pecha na Coruña o "Pull&Bear" do cinema París e o "Massimo Dutti" de Catro Camiños
Información en La Opinión de A Coruña
Edificio do cinema París, na Coruña, agora tenda de Pull&Bear. J. V.
11/05/21
10/05/21
Letras galegas 2021: Xela Arias
Presentación de carteis elaborados polo IES Plurilingüe de Ames sobre a poeta.
09/05/21
Unha nova canle en youtube dunha norteamericana que fala en galego: "Wendy speaks galego"
Ola, benvidos e benvidas á miña canle, Wendy Speaks Galego! Como se cadra xa adiviñaches, eu chámome Wendy, e nesta canle vou falar soamente en galego. O galego é unha lingua que me encanta, aínda que non o falo perfectamente, nin moito menos. A miña lingua materna é o inglés, eu nacín e medrei nos Estados Unidos, e actualmente vivo en Lisboa, Portugal. Falo varias outras linguas, sempre divírtome moito aprendendo linguas estranxeiras, e no ano 2020, cando me preparaba para facer o Camiño de Santiago, decidín aprender un pouco de galego.
Eu pensaba que este proxecto non iría moi lonxe, o meu obxectivo foi de memorizar algunhas frases e intentar usalas mentres estaba en Galicia, nada máis diso. Pero o galego enganchoume, decateime logo de que co meu coñecemento do portugués e do castelán, que xa falo a un nivel bastante avanzado, que podía entender moi ben o galego máis ou menos dende o inicio. De maneira que, sen necesidade de pasar moito tempo estudando manuais de gramática ou escoitando diálogos para principiantes, eu puiden ir directamente á parte que para min é a parte máis divertida do proceso de aprendizaxe dunha nova lingua. Ler novelas, mirar documentais, ou sexa consumir contidos en galego que son feitos para galegofalantes nativos.
Débora Ramonde - Xela Arias. Onde canta a poeta - Día das Letras Galegas 2021
A tradutora Débora Ramonde lembra o traballo compartido con Xela Arias vertendo ao galego 'Dublineses' de James Joyce.
08/05/21
Clásicas desfeitas 'Phármakon' [Antígona, Medea, As Bacantes]
O 8 de maio, goza ás 10:00 horas da da estrea por Youtube da segunda peza de 'Clásicas desfeitas', producida polo Centro Dramático Galego (DOG) en colaboración coa Cidade da Cultura dentro das Residencias Artísticas do Gaiás (REGA) . Este espectáculo que se apoia na danza e na música foi representado na Cidade da cultura en marzo. No entanto, a situación da pandemia fixo que a presenza de público fose moi reducida. Por iso, a partir deste sábado (e ata o 30 de maio) podes gozalo íntegro na canle de Youtube da Cidade da Cultura.
Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico - Centenario Dona Emilia
As Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico - Centenario Dona Emilia homenaxean entre o 12 e o 30 de maio de 2021 a faceta máis gastrónoma de Emilia Pardo Bazán con propostas tanto doces como salgadas inspiradas nos receitarios da escritora coruñesa.
Mª Xosé Sánchez, exprofesora do IES de Monelos, publica a súa novela "Serra"
Serra presenta, desde unha perspectiva realista, unha ficción que nos achega a un mundo singular, un espazo preservado entre dous estados, amado pola natureza e atesourado polos seus creadores e polos seus habitantes. Novela áxil, entretida e intrigante. Unha fabulación que engaiola, inserida na tradición literaria galega e na cosmovisión cultural occidental. María Xosé Sánchez é filóloga e profesora.
Canto sabemos do ciclo menstrual? Pingando.gal achega respostas!
A xornalista Laura Veiga está especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual e difunde o seu traballo a través de @pingando.gal. Quedamos con ela para saber máis do seu proxecto, afondar no ciclo menstrual e reflexionar sobre a importancia da especialización no xornalismo.
🍳FREIXÓ, receita TÍPICA galega ♨️ "torta de ovos e fariña"
Entrevista a Manuel Rico: "Cando falamos do coidado de persoas maiores non podemos admitir que impere a lei da selva"
Entrevista de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Concentración de protesta contra DomusVi, meses antes da pandemia © REDE
Unha ducia de premios de arquitectura e rehabilitación de Galicia 2020
Escola infantil na Veigadaña (Mos). Obra de Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leiro.
Menos eucalipto e máis funcións das brigadas contra incendios, entre as reformas do Plan de Recuperación estatal
Información de David Reinero en Praza Pública
Unha brigada estatal de loita contra os incendios forestais (BRIF) nunha imaxe de arquivo nunha zona de eucaliptos CC-BY-SA Brif Laza
Gonzalo Navaza - Xela Arias. Onde canta a poeta - Día das Letras Galegas 2021
O académico correspondente Gonzalo Navaza recita uns versos de 'Darío a diario' (1996), o libro que a poeta Xela Arias escribiu sobre a experiencia da maternidade. 'Xela Arias.
Onde canta a poeta' é unha serie de micropezas producidas pola Real Academia Galega dentro da súa programación audiovisual das Letras Galegas 2021, que inclúe tamén a serie documental de seis capítulos 'Xela Arias. A palabra esgazada', dispoñible nesta mesma canle de Youtube.
07/05/21
Presentación da VII Carreira Camiño das Letras
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, en colaboración con Xurdir S.L., organiza a VII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago.
A proba, que se celebrará o luns 17 de maio de 2021 no marco da programación institucional das Letras Galegas, constará dunha proba absoluta das categorías máster, sénior, sub23 e sub20 que sairá a partir das 10.00 horas desde as proximidades do Pico Sacro e seguirá un circuíto de 15 km, ao longo da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.
06/05/21
24 horas co galego no IES Monelos (24/02/2021): datos para un balance
Presentamos os resultados da enquisa formulada ao alumnado e profesorado do centro sobre o seguimento na participación das 24 horas co galego celebrado o Día de Rosalía (24/02/2021).
Datos para unha análise e unha reflexión agora que imos celebrar o 17 de maio, o día das Letras.
Acompañamos esta mostra cuns datos preocupantes sobre o uso do galego no ensino dun estudo feito pola Real Academia Galega.
Información da RAG recollida en Praza Pública
Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con "escasa competencia" en galego
O tempo que somos
Como inflúe o tempo (climático) no ánimo da poboación e que implicacións ten nisto o cambio climático? Sergio Pascual consulta a expertos e reflexiona sobre climatoloxía e psicoloxía a partir da lectura de ‘Infamia’, de Ledicia Costas. Esta reportaxe complementa o episodio #7 do podcast NALINGUA dedicado a esta novela.
Comentario de Sergio Pascual en Vinte
"Infamia" de Ledicia Costas. Comentario en spotify
05/05/21
Celebrando o "Día da paz e da non violencia" no IES Monelos (30-I-2021)
Video elaborado polo EDLG do IES Monelos coa colaboración dos departamentos de música, educación plástica, inglés e lingua e literatura galega. Adaptación da "Imagine" de John Lennon.
'Os afogados' | As miradas de Isaac
Xela Arias. A Palabra esgazada - Xela e Darío - Capítulo 5 - Día das Letras Galegas 2021
Conversa con Pilar Ponte "A Profa"
04/05/21
03/05/21
Margarida Mariño - Tigres coma cabalos - Xela Arias. Onde canta a poeta - Letras Galegas 2021
Margarida Mariño participa na serie de micropezas da Real Academia Galega sobre Xela Arias cunha colaboración ben especial. A violenchelista viguesa, que aposta pola fusión do chelo e a electrónica, púxolles música e voz a versos de 'Tigres coma cabalos', o segundo poemario da autora á que a institución dedica o Día das Letras Galegas 2021. O videoclip do tema, gravado no Museo do Mar de Vigo, foi producido pola RAG e pode verse dende hoxe en academia.gal e na canle de Youtube da entidade.
02/05/21
Inditex obtén unha licenza para realizar movementos de terras no solar de Gabesa
As obras contarán cun investimento de 70.000 € e servirán para baixar a cota do terreo
Información en La Opinión de A Coruña
A primavera ábrese paso entre o asfalto e o formigón na Coruña
Información de Gemma Malvido en La Opinión de A Coruña
Presenza de toxos, nun tramo do paseo marítimo. | // CARLOS PARDELLAS
Pepe Carballude, exprofesor no Neira Vilas xubilado na actualidade, edita catro libros case seguidos un deles preséntao o martes 4 de maio en Santa Cruz
O escritor que marcou xeracións
Información de Marta Villar en La Opinión de A Coruña
Pepe Carballude ante o monumento aos emigrantes en Santa Cruz Víctor Echave
"Baby Boom" en Baio: once embarazos nunha soa rúa
Un fenómeno fóra do normal. Nunha Galicia morta demograficamente (esta semana nas cifras oficiais publicadas polo IGE baixamos da cifra dos 2.700.000 habitantes) e en plena pandemia poñendo a vida en contra, un grupo de mulleres de entre 40 e 25 anos fan das estatísticas un conto: será o aire que respiran na carballeira? O elixir da maternidade está en Baio, na Costa da Morte (ou será da Vida?)
01/05/21
O importante non é durar, é vivir! ✨ Arrieiros Somos.
O importante non é durar, é vivir! Candido Pazo é un artista multidisciplinar namorado da camelia, do Camiño de Santiago e a creatividade en sí mesma.
30/04/21
A loita antifascista de mulleres pontevedresas cóntase en TikTok para chegar á mocidade
O concelleiro de Memoria Histórica, Xaquín Moreda, presentou a iniciativa © Concello de Pontevedra
Alcoa acepta desbloquear a venda da planta de San Cibrao e o persoal esixe un comprador industrial e non un fondo voitre
Cartel contra o peche de Alcoa San Cibrao nun local comercial de Burela CC-BY-SA Praza Pública
A renda media nos barrios máis ricos de Galicia multiplica por cinco a das zonas máis pobres
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Edificio na Avenida Linares Rivas da Coruña e mapas de rendas medias en 2018 CC-BY-NC-SA Foto: Turismo de Galicia | Montaxe: Praza Pública
Dúo Vaguedades - Dubidar
Pondal e Rosalía pasan unha tarde de choiva na casa. A conversa, aparentemente intrascendente, agocha moita poesía, culta e popular. Nesta entrega podermos escoitar un tema do Dúo Vaguedades sobre unha das características que disque define os galegos e galegas: a dúbida.
29/04/21
28/04/21
Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con “escasa competencia” en galego
O alumnado galegofalante domina galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. Esta é unha das conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e que se presentou hoxe na Deputación de Pontevedra.
H. Monteagudo, María López Sández, Victor Freixanes e Maróa Ortega (Foto: Nós Diario)
27/04/21
26/04/21
25/04/21
XXVII certame literario "Xoán Díaz"
1ª EDICIÓN DO CONCURSO “HAI DEBATE” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS COA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA
BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos
no curso 2020-2021.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte
do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de
tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as
persoas.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de
2021 e rematará na semana do 10 ao 14 de
maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.
4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía
e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.
5. O tema escollido centrarase entre a diferenza entre natureza e cultura:
somos bos ou malos por natureza? Somos libres?
6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira:
· Durante a primeira e segunda
semana (19 ao 23 de abril e 26 ao 30 de
abril) desenvolverase un debate en cada
grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de
A-B e C-D.
· Na primeira semana de maio (3-7
haberá a semifinal).
· Na segunda semana de maio (10-14 haberá a final).
7. O tema da semifinal e final estará centrado sobre a prevalencia dos
dereitos individuais sobre os grupais. “Está a liberdade individual por enriba
da liberdade colectiva”.
8. As sesións dos debates serán gravados.
9. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
· 1º Premio contará cunha dotación
de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
· 2º Premio contará cun vale que se
poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s
Bar.
10. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.