BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos
no curso 2020-2021.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte
do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de
tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as
persoas.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de
2021 e rematará na semana do 10 ao 14 de
maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.
4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía
e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.
5. O tema escollido centrarase entre a diferenza entre natureza e cultura:
somos bos ou malos por natureza? Somos libres?
6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira:
· Durante a primeira e segunda
semana (19 ao 23 de abril e 26 ao 30 de
abril) desenvolverase un debate en cada
grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de
A-B e C-D.
· Na primeira semana de maio (3-7
haberá a semifinal).
· Na segunda semana de maio (10-14 haberá a final).
7. O tema da semifinal e final estará centrado sobre a prevalencia dos
dereitos individuais sobre os grupais. “Está a liberdade individual por enriba
da liberdade colectiva”.
8. As sesións dos debates serán gravados.
9. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
· 1º Premio contará cunha dotación
de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
· 2º Premio contará cun vale que se
poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s
Bar.
10. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.