'Xela Arias. A palabra esgazada' é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021 composta por 6 capítulo breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora. O sexto e derradeiro capítulo pescuda a pegada da autora case dúas décadas despois do seu pasamento, de maneira especial entre as novas voces da poesía galega.