05/05/21

Xela Arias. A Palabra esgazada - Xela e Darío - Capítulo 5 - Día das Letras Galegas 2021

O quinto episodio da serie documental 'Xela Arias. A palabra esgazada' está dedicado a 'Darío a diario' (1996), o libro que a protagonista do Día das Letras Galegas escribiu sobre a experiencia do embarazo e a maternidade. 'Xela Arias. 
A palabra esgazada' é unha serie documental de 6 capítulos da Real Academia Galega sobre a escritora, editora e tradutora á que a institución dedica o Día das Letras Galegas 2021.