O alumnado galegofalante domina galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. Esta é unha das conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e que se presentou hoxe na Deputación de Pontevedra.
H. Monteagudo, María López Sández, Victor Freixanes e Maróa Ortega (Foto: Nós Diario)