03/05/21

Margarida Mariño - Tigres coma cabalos - Xela Arias. Onde canta a poeta - Letras Galegas 2021

 Margarida Mariño participa na serie de micropezas da Real Academia Galega sobre Xela Arias cunha colaboración ben especial. A violenchelista viguesa, que aposta pola fusión do chelo e a electrónica, púxolles música e voz a versos de 'Tigres coma cabalos', o segundo poemario da autora á que a institución dedica o Día das Letras Galegas 2021. O videoclip do tema, gravado no Museo do Mar de Vigo, foi producido pola RAG e pode verse dende hoxe en academia.gal e na canle de Youtube da entidade.