Información en páxina web Pescados Rubén Burela
06/12/21
05/12/21
04/12/21
03/12/21
Wöyza & The Galician Messengers. Cancións populares en clave de música urbana
Velaquí unha proposta da artista de hip hop e soul Wöyza (Sofía Trigo), con nova banda, The Galician Messengers, e novo repertorio. Incluirá adaptacións de pezas clave do patrimonio histórico-cultural galego (de Curros Enríquez, Los Tamara ou do Pergamiño Vindel, cancións populares da tradición galega e cancións propias).
Acabou a luz eléctrica coa Santa Compaña? Fernando Cortizo Rodrigo
Documental de formato "road movie" (mestura entre o documental sociolóxico e a narración de historias fantásticas) sobre os últimos rastros da Santa Compaña, que pretende difundir unha imaxe diferencial de Galicia a través da súa relación co paranormal. Mestúranse entrevistas reais a testemuñas e visitas a expertos que explicarán a situación real destas aparicións hoxe en día. O traballo conta coas achegas do historiador Carlos Guerra, o psiquiatra Víctor Rodríguez, o farmacéutico Antonio Vila ou o estudoso de temas paronormais Vicente Fuentes, entre outros.
Como afinar unha guitarra (AFINACIÓN ESTANDAR) - Cousxs
Neste vídeo tutorial ensino como afinar a túa guitarra, como funciona un afinador, truquiños e cousas que debes de ter en conta a hora de realizar esta acción.
O Camiño Portugués. Boneca Lareta - Capítulo 5
Serie documental de seis capítulos para cadansúa etapa do Camiño Portugués: Rubiães-Tui, Tui-Redondela, Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis, Caldas de Reis-Padrón, Padrón-Santiago de Compostela.
02/12/21
Ciencia en Galego 2021: piano con froitas
O EDLG do IES de Chapela, en colaboración cos departamentos didácticos, organiza en 2021 de forma virtual a feira científica NON É MAXIA ... É CIENCIA coa gravación e difusión de experiencias científicas explicadas por alumnado do centro.
Conversa con Iago Gordillo de Recuncho Gamer
Á segunda foi a vencida, tras un intento de conversa fallido con este megacrack da divulgación de videoxogos e do audiovisual youtubeiro, irresponsable (como se di el) da canle Recuncho Gamer, unha das canles que máis vídeos xenera no panorama do YouTube en galego, deste segundo intento sacamos unha conversa ben chula e amena, con sorpresa ao final, e até aquí podo ler...
01/12/21
A cota do 6% en galego, vasco ou catalán só atinxirá a plataformas audiovisuais con sede en España e non a Netflix ou HBO
A plataforma audiovisual Netflix ten un catálogo de máis de 5.500 contidos CC-BY-SA FreeStock
Conversa con Noemí García
Tivemos unha conversa ben xeitosa coa Noemi García, a responsable da canle Media Laranxa e Galego para boomers. Un pracer o punto de vista desta mestra de galego que coido que todos quereriamos ter tido na nosa educación da nenez.
Webserie: Os tempos mortos do Führer
A VI edición do FIC Vía XIV de Verín acolle a presentación da webserie Os tempos mortos do Führer, un proxecto nado en Ourense e rodado en lingua galega, cuxo teaser foi filmado no Retiro do Conde, en Vilaza (Monterrei).
A webserie pretende ofrecer respostas ao espectador, en clave de ficción, sobre todo aquilo que ocupaba a Hitler nos seus ratos libres máis íntimos. Ao longo de dez capítulos de cinco minutos cada un, a webserie amosa a cara oculta do seu día a día, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimientos cun tono de comedia e satírico.
Conversa con Os tempos mortos do Führer
Falamos con Elisa Lima Conde e con Gemma Martínez Villasenín, Directora de Produción e Rexidora, respectivamente, da webserie satírica Os tempos mortos do Führer que ven de se estrear o pasado mes de outubro.
Novembro Estelar - Ciencia e Arte en galego e en Galicia
Charla presencial con Miguel Ángel Cajigal, comisario de arte (@elbarroquista), Susana Ladra, científica galega do ámbito das ciencias da computación, e Estíbaliz Espinosa, escritora, socióloga, filóloga e comunicadora de ciencia, no Museo Gaiás da Cidade da Cultura.
O evento ten lugar no marco do encontro Novembro estelar: ciencia e letras en galego, ideado e dirixido por Estíbaliz Espinosa.
30/11/21
29/11/21
28/11/21
As grandes industrias foráneas sacan tallada da alta calidade do leite galego
Información de Pablo Barro en Nós Diario
Fábrica de Larsa, firma petencente a Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa) (Foto: Larsa).
A industria galega do videoxogo saca peito en Culturgal
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na xornada deste sábado do Culturgal 2021. (Foto: Xunta da Galiza)
O carballo de Conxo imponse na final e loitará por ser Árbore Europea de 2022
Carballo do Banquete de Conxo, candidato a árbore europea. (Foto: arboleuropeo.es) #banquetedeconxo #árbore
Praza.gal | Marta Pazos fálanos de 'Comedia sin título', a peza teatral que Lorca non puido rematar
Marta Pazos fálanos de 'Comedia sin título', a peza teatral que Lorca non puido rematar e que ela dirixe para o CDN nunha composición en tres actos na que o propio teatro é protagonista. Unha entrevista de Ana G. Liste.
27/11/21
GZMúsica [19] - Cuarta Xusta e Gramola Gominola
O novo GZ Música vén con moito rock & roll. Patty Castro, de Mulleres Galegas Kañeras, entrevista a Cuarta Xusta, rock feminista e comprometido coa nosa lingua. Tamén hai espazo para que as crianzas máis roqueiras van poder saltar sen parar co guitarreo para todos os públicos de Gramola Gominola. Por último, visitamos Bueu para asistir á gravación do último videoclip de Dakidarría. Porque somos un pobo de artistas, nós movémonos con GZ Música!
O 70% dos casos de violencia sexual que pasaron polo Supremo en 2020 eran de menores, a maioría agredidos por persoas da súa contorna
Información Ana G. Liste en Praza Público
Camiseta da campaña En Negro Contra As Violencias © Compostela En Negro
Museo a ceo aberto. O Cable Inglés Sociedade Cooperativa Galega
Velaquí un adianto da serie documental Museo a ceo aberto, centrada na arte urbana galega que están conseguindo xerar auténticas transformacións da paisaxe, paliar o feísmo, atraer turismo e ofrecerlle á cidadanía auténticos museos ao aire libre.
26/11/21
Muller, hostaleira e temporal: a precariedade marca os 200.000 empregos protexidos por ERTE en Galicia
Información Miguel Pardo en Praza Pública
Varias mulleres traballando nun local de hostalería durante a pandemia CC-BY-SA Memento Media
Cantos de Salitre - Os pendellos de Agolada - Cantar de Salcedo e Muiñeira e Xota de Alén
8 vídeos rodados en 8 lugares de referencia para a cultura e o patrimonio de Galicia, onde Xabier Díaz (só ou acompañado doutros artistas) interpretará cadansúa peza musical autoral, contemporánea ou tradicional.
25/11/21
Outro 25N á procura das eivas nas políticas contra as violencias machistas: do enfoque ao financiamento
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
25N contra a violencia machista CC-BY-SA Foto: Galicia en Negro | Montaxe: Praza.gal
TERRA - Videoclip en lingua de signos
O día 27 de maio de 2014 a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-GALIZA), despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, rematou a gravación do Videoclip en Lingua de Signos TERRA.
24/11/21
Salvemos a castaña
Riós, no sueste ourensán, celebra o froito característico do outono cunha produción este ano escasa e con certa preocupación sobre o futuro dun sector que historicamente vén dinamizando a economía da zona.
Castañas, castiñeiros e soutos nos barrios da Chaira de Riós
Conversa con Anxo Sánchez de Orgullo Galego (Novo record de duración!!)
Conversamos por fin con Anxo, deseñador web e parte importante en un dos proxectos que pon en valor o noso como é Orgullo Galego. Unha conversa amena, que xa levaba tempo prometida mais que non chegaba. Falamos do novo proxecto que ten entre mans a nivel persoal, o sitio de sitios Fala.gal (https://fala.gal/) co que estas conversas veñen de comezar unha colaboración de visibilización. Rexoubeamos un anaco sobre quen críamos que ían ser os gañadores do certame youtubeiras (que agora unha vez coñecidas as finalistas, xa sabemos que nalgunhas categorías vai haber que mudar a predicción) e falando, falando, o tempo foi pasando e a día de hoxe por pouco máis de 3 minutos, esta é a conversa que ten o novo record de duración.
23/11/21
Movistar suprime o teléfono fixo no Courel sen alternativas con cobertura ou acceso para todos os núcleos
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
22/11/21
Somos Pandeireteiras reivindica as tocadoras como centro da transmisión cultural galega
Presentación do colectivo Somos Pandeireteiras en Carballo © Vanessa Rábade
21/11/21
Unha axenda para doce deportistas
Dende hai doce anos, o Observatorio da Mariña pola Igualdade edita unha axenda protagonizada por doce mulleres destacadas nun determinado eido. Para o 2022, a entidade escolleu o ámbito deportivo para visibilizar e pór en valor deportistas como Lara Balseiro, Fátima Ameneiro ou Beatriz Seijas.
Capa da Axenda feminista 2020 deseñada pola ilustradora Codés Lillo. (Foto: Nós Diario)
DOUS POEMAS De Darío Xohán Cabana (Rock)
Letra de Darío Xohán Cabana, dos libros Verbas a un irmao (1970), e Ábrelle a porta ao día (1981). Guitarra, sintetizador, e voz, Xerman Son 2021.
Que microorganismos compartimos cando nos bicamos?
Información de Jessica Gil e Alejandro Mira en GCiencia
Na boca viven ata 700 especies de microorganismos, que adoitan transmitirse cando nos bicamos con outras persoas. Foto: Pexels.
20/11/21
O Mundial de Tríatlon 2023, en Pontevedra
A localidade galega será sede dun campionato que en anos anteriores acolleron cidades como Londres, Budapest, Pequín ou Chicago.
Gómez Noya
Unha ducia de obras para lembrar a Darío Xohán Cabana
Esta semana, Galicia perdeu a Darío Xohán Cabana. O poeta, o narrador, o tradutor, figura senlleira das letras chairegas e galegas, comprometido e querido. Velaquí unha ducia dos tantos traballos que compuxeron a súa casa de palabras.
Maruxa Villanueva, unha voz para Rosalía
Tentar redescubrir a historia das mulleres supón, ás veces, encaixar as pezas dun quebracabezas formado polas impresións que foron deixando tras de si noutras persoas.
Algunhas traxectorias ficaron no esquecemento porque, ao feito de ser muller, sumóuselle a emigración e a longa noite de pedra do franquismo.
Nós Televisión viaxa á vila de Padrón, á Casa Rosalía, para coñecer a quen foi durante moitos anos a súa cara visíbel: Maruxa Villanueva, actriz, cantante, galega e emigrante.
Entrevista a "Caamaño & Ameixeiras"
"É importante ir formando un público que se sinta culturalmente apegado á música tradicional galega"
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras © Caamaño & Ameixeiras
19/11/21
Conexión.gal visita en Alemaña un paramés que ensina a nosa lingua na diáspora
Abertura da Asamblea Xeral Elen en Compostela
O Pazo de Fonseca acolleu a abertura da Asamblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), na que participan de maneira presencial 35 delegadas e delegados en representación de 47 linguas de 24 Estados europeos e que conta coa presenza virtual de Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.
A Rede Europea para a Igualdade das Linguas ten como obxectivo a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional.
18/11/21
A Mariña responde en masa á folga xeral e as loitas laborais viran en berro transversal contra o abandono
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Manifestación central na folga xeral da Mariña, en Burela
Casas de letras, museos da palabra. Xurdir SL
Documental acerca das casas-museo de destacados escritores galegos, con entrevistas a algúns dos seus responsables que poñen de relevo a contribución destes espazos e entidades á difusión da literatura e á dinamización da lingua.
17/11/21
16/11/21
Conversa con Miguel Fieiro
Falamos cun dos streamers máis famosos do panorama tuicheiro galego. O rei das vídeo-reaccións. Informático de profesión e tuicheiro de paixón. Un pracer de conversa co Miguel Fieiro, a pesar do lag que tiña a conexión.
Conversa con Miguel de Lira (1ª parte)