03/12/21

Wöyza & The Galician Messengers. Cancións populares en clave de música urbana

 Velaquí unha proposta da artista de hip hop e soul Wöyza (Sofía Trigo), con nova banda, The Galician Messengers, e novo repertorio. Incluirá adaptacións de pezas clave do patrimonio histórico-cultural galego (de Curros Enríquez, Los Tamara ou do Pergamiño Vindel, cancións populares da tradición galega e cancións propias).