Conversamos por fin con Anxo, deseñador web e parte importante en un dos proxectos que pon en valor o noso como é Orgullo Galego. Unha conversa amena, que xa levaba tempo prometida mais que non chegaba. Falamos do novo proxecto que ten entre mans a nivel persoal, o sitio de sitios Fala.gal (https://fala.gal/) co que estas conversas veñen de comezar unha colaboración de visibilización. Rexoubeamos un anaco sobre quen críamos que ían ser os gañadores do certame youtubeiras (que agora unha vez coñecidas as finalistas, xa sabemos que nalgunhas categorías vai haber que mudar a predicción) e falando, falando, o tempo foi pasando e a día de hoxe por pouco máis de 3 minutos, esta é a conversa que ten o novo record de duración.