01/12/21

Webserie: Os tempos mortos do Führer

 A VI edición do FIC Vía XIV de Verín acolle a presentación da webserie Os tempos mortos do Führer, un proxecto nado en Ourense e rodado en lingua galega, cuxo teaser foi filmado no Retiro do Conde, en Vilaza (Monterrei). 

A webserie pretende ofrecer respostas ao espectador, en clave de ficción, sobre todo aquilo que ocupaba a Hitler nos seus ratos libres máis íntimos. Ao longo de dez capítulos de cinco minutos cada un, a webserie amosa a cara oculta do seu día a día, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimientos cun tono de comedia e satírico.