O novo GZ Música vén con moito rock & roll. Patty Castro, de Mulleres Galegas Kañeras, entrevista a Cuarta Xusta, rock feminista e comprometido coa nosa lingua. Tamén hai espazo para que as crianzas máis roqueiras van poder saltar sen parar co guitarreo para todos os públicos de Gramola Gominola. Por último, visitamos Bueu para asistir á gravación do último videoclip de Dakidarría. Porque somos un pobo de artistas, nós movémonos con GZ Música!