28/04/21

Un de cada tres alumnos castelanfalante remata a ESO con “escasa competencia” en galego

 O alumnado galegofalante domina galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. Esta é unha das conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e que se presentou hoxe na Deputación de Pontevedra. 

Información en Nós Diario

H. Monteagudo, María López Sández, Victor Freixanes e Maróa Ortega (Foto: Nós Diario)


#DígochoEu​ Non digas *Sanabria nin *Vegadeo

25/04/21

Hoxe poño a miña lingua!

 


XXVII certame literario "Xoán Díaz"

Cambre promove a creatividade dos máis novos cunha nova edición do certame literario Xoán Díaz. 

O prazo de entrega das obras literarias remata o 30 de abril.

 

 



1ª EDICIÓN DO CONCURSO “HAI DEBATE” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS COA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

 


BASES E OBXECTIVOS

 

1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2020-2021.

 

2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas.

 

3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará  na semana do 10 ao 14 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.

 

4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.

 

5. O tema escollido centrarase entre a diferenza entre natureza e cultura: somos bos ou malos por natureza? Somos libres?

 

6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira:

 

·  Durante a primeira e segunda semana (19 ao  23 de abril e 26 ao 30 de abril)  desenvolverase un debate en cada grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de A-B e C-D.

·  Na primeira semana de maio (3-7 haberá a semifinal).

·  Na  segunda semana de maio (10-14 haberá a final).

 

7. O tema da semifinal e final estará centrado sobre a prevalencia dos dereitos individuais sobre os grupais. “Está a liberdade individual por enriba da liberdade colectiva”.

 

8. As sesións dos debates serán gravados.

 

9. Haberá dous premios únicos por cada nivel:

 

·  1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.

·  2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.

  

10. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

Correlingua 2021: inmunízate co galego!

Correlingua 


 

A USC acada o ‘top 10’ en varias probas da Formación Sanitaria Especializada

 Información en GCiencia


 

A Revolução dos Cravos, en #MenosDunMinuto​

 


Benvida á Real Academia Galega

 


Novas voces para a lingua: os creadores - Conseguiremos

 


Lidia Iglesias - Xela Arias. Onde canta a poeta - Letras Galegas 2021

 


Inma López Silva - Xela Arias. Onde canta a poeta - Día das Letras Galegas 2021

 


Lois Alcayde - Xela Arias. Onde canta a poeta - Día Letras Galegas 2021

 


15 CANLES QUE DIVULGAN CIENCIA EN GALEGO

 


SonDaRúa - Salsa Galaica (Prod. That Bass)

 


24/04/21

Saúde e Terra, Inacio Vilariño!

 Despois dun decenio dedicado ao teatro, comezou a escribir e a adaptar para a escena textos dramáticos, que representa coa compañía Fantoches Baj. En 2008 editou con Baía o libro ilustrado Tío Miseria. Tamén é colaborador do Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa.

 


PAKOLAS, imaxinación e rock and roll!

 Pakolas é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico e produtor de música pensada para a cativada. Quedamos con el para saber máis do seu proxecto e da música infantil en Galiza.

Viveiros de eucalipto confirman o auxe nas plantacións a un mes da aprobación da 'moratoria', criticada polo seu "efecto chamada"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Repoboación con eucaliptos © ADEGA


Tulip. Na Tropicalia ‘dream pop’

Información de Marcos Blanco Gendre en Vinte

Cuberta de "Estrelas no chan". © Óscar Raña

 

"Antes só querían que nacesen homes, porque eran os que traballaban a terra” ✨ Arrieiros Somos.

 


Dúo Vaguedades - Falar por falar

 Titorial para explicar como se debe ligar en distintas zonas de Galicia, algo para o que é fundamental a dialectoloxía. Complétase cunha canción que nos anima a falar os sete falares, falar por falar, falar sen parar, falar sen cancelas e falar en galego.

 Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.

#DígochoEu​ Non digas *galpón

 


22/04/21

O "Garaxe Hermético", o valor do cómic galego

 Pontevedra é a cidade galega do cómic. O historetista e ilustrador Kiko da Silva detectou unha eiva na formación en banda deseñada que "non se estaba impartindo como debería" polo que se decidiu a actuar e mudar o rumbo do cómic galego. 

En 2012 fundaba a primeira escola profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia, o Garaxe Hermético. Nos últimos anos, o Garaxe Hermético conseguiu chegar a acordos coas editoriais Galaxia e Xerais. Dende Galaxia, Fran Castro expresa con absoluta claridade que a día de hoxe esta escola "é crucial" e engade: "xa perdín a conta do número de ilustradoras e ilustradores que saíron do Garaxe Hermético e traballan con Galaxia". 

Unha mensaxe que repiten en Xerais cando lle petamos na porta. "É a única escola profesional con sona e traxectoria. Para nós é unha oportunidade", explica Francisco Alonso. Con todo, un dos factores máis importantes e ilusionantes atópase dentro do alumnado do propio Garaxe Hermético. Unha das súas alumnas sostén ante as cámaras de Nós Televisión: "o mercado vai estar mellor para as nosas xeracións". Nesa frase reside a forza desta escola e o futuro que se abre para o cómic galego.

22 de abril: día da Terra

 Información Wikipedia


 

Entrevista a Federico Pérez protagonista da película "Cuñados"

"Coa pandemia a xente ten ganas de desafogar un pouco. Hai moitas ganas de rir e 'Cuñados' axuda a iso"

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Federico Pérez na rodaxe de 'Cuñados' © Filmax

 

 

Tattos da Galiza

 Tattos da Galiza



Queres levar Galicia pegada na pel?

 Información Praza Pública

Os dez deseños de calcomanias escollidos © Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

 

Os Franco vólvense beneficiar no xulgado de décadas de desleixo oficial sobre os bens do ditador

 Información Miguel Pardo en Praza Pública

Interior do Pazo de Meirás, na entrada © Mikeli

 

Galicia volve caer por baixo dos 2,7 millóns de habitantes malia ao incremento da poboación nacida fóra

 Información David Lombao en Praza Pública

Nenos nunha escola infantil da Xunta, nunha imaxe de arquivo CC-BY-SA Xunta

 

Guadi Galego - Velutinas

 

21/04/21

Os límites dunha caída | A Velocidade Terminal

 Durante unha caída, a forza da gravidade fai que a nosa velocidade aumente co tempo, pero... existe algún límite no rápido que podemos caer? É o mesmo tirar unha mazá dende 1 m que dende 100 m de altura? E que ten que ver todo isto co salto de Felix Baumgartner en 2012?

 


19/04/21

Mutacións no monte


 

Presentación do libro de Xabier Seoane: "Dicionario irreal para un país imposible"

 Mercores 21 de abril ás 20 horas na Fundación Luis Seoane

Información en Edicións Xerais


 

Hoxe poño a miña lingua!

De que vai o proxecto

Obxectivos específicos:

 

  • Tomar conciencia da presenza da lingua inglesa na nosa vida diaria e, utilizando esta presenza, promover o uso do galego, e tamén doutras linguas minoritarias do estado (catalán, euskera e valencián).
  • Establecer contactos con outros centros educativos doutras comunidades que teñan outra lingua oficial ademais do castelán.
  • Concienciar as empresas téxtiles da necesidade de promover, non só a lingua inglesa ou castelá, senón tamén as linguas doutras comunidades autonómas como é o caso do galego.

 

Metodoloxía:

 

  1. Pedirase ao alumnado que traia camisetas, suadoiros ou cazadoras que teñan na casa con slogans escritos en inglés.
  2. Tomaranse fotografías de cada prenda de roupa e anotarase a marca de cada unha delas.
  3. A continuación, seleccionaranse as prendas a utilizar. Haberá un grupo de prendas que se escollerán para traducir ao galego. De dita selección serán envidas as fotos a outros institutos de Cataluña, Euskadi e Valencia para que sinalen a tradución no seu idioma.
  4. Con estas fotos crearase un mosaico (ou varios) dixitais, de xeito que, ao pasar o rato do ordenador por riba de cada prenda poderá lerse a tradución en diversas linguas.
  5. Enviaranse estes mosaicos aos institutos participantes.
  6. Por último, o alumnado contactará coas diversas marcas de roupa e escribiralles para intentar concienciar ás empresas téxtiles da necesidade de promover as linguas doutras comunidades autónomas que teñen unha lingua minorizada.
  7. As prendas de roupa poden ser un vehículo de promoción e tamén de coñecemento doutras linguas.

 

  • Departamento implicado: lingua galega, lingua inglesa e tecnoloxía.
  • Destinatarios: alumnado de 3º ESO (traballará na tradución) e 4º de ESO (elaborará as cartas para poñerse en contacto coas empresas téxtiles).

Marilar Aleixandre: «As sociedades guindan o que é incómodo ao pozo da desmemoria»

 En As malas mulleres novela a vida das presas do cárecera da Galera da Coruña

Información Xesús Fraga La Voz de Galicia


 

O bar máis antigo da Coruña ten 130 anos e está nas Xubias

 A tasca A Toquera funciona dende 1890 pasando o negocio de xeración a xeración.

 Información de Alberto Mahía en La Voz de Galicia


 

Ezetaerre - Mao a mà (con Júlia Serrasolsas) - Videoclip

 


Chegando a Mordor - Berlai na Galega

 


17/04/21

As enfermeiras, clave na vacinación masiva: "É gratificante malia o esforzo; o que máis escoitamos é 'grazas"

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Vacinación masiva no centro Expocoruña CC-BY-SA Sergas

 

Unha ducia de portadas da prensa galega nas datas clave da Segunda República

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

“Todos os discos de Chicharrón falan de amor, que a nós parécenos un tema político, revolucionario”

 Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública

Eólica mariña, hidróxeno ou corredor atlántico: o Plan de Recuperación do Goberno de España bosquexa varios proxectos con Portugal

 Información de David Rainero en Praza Pública

Barco pesqueiro galego CC-BY-SA Xunta

 

O 17 de abril de 1937 foi asasinado en Pontevedra o xornalista e político Johan Carballeira, que chegou a ser alcalde de Bueu

 Información en Wikipedia


 

As Irmandades da Fala, un movemento que non se pode entender sen o seu contexto internacional

 Información en Praza Pública

Membros da Irmandade da Fala de Betanzos indo cara ao concello, 1918 © Arquivo Municipal de Betanzos

 

Piden defender o topónimo oficial da ría de Ribadeo

 Información en AMariñaXa


 

Saúde e Terra, Laura Romero!

 Laura Romero é ilustradora, urban sketcher e música. Debuxa en vivo durante festivais e concertos, o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, espectáculos de música e ilustración en directo, deseño de logos para bandas, etc. É baixista en Zënzar e en MJ Pérez.

O Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, contará con máis de 45.000 metros cadrados

 Información en Galicia Confidencial

Membros do Instituto de Estudos Ulloáns sinalizan a localizacion exacta do Centro Xeográfico de Galicia, ubicado en Nugallás (Antas de Ulla) | IEU

 

VERTO - EMBORA (REACCIÓN @Verto Temazos​ )

 


Nom existe a morte - MJ Pérez (Videoclip)

Tema baseado sobre un poema de Carvalho Calero.

 


Eladio e Mariña da aldea das Vendas da Barreira son un exemplo de amor ✨ Arrieiros Somos.

 


Correría o risco - MJ (Pérez) COVER

Zeca 1972 Galiza - o Zeca Afonso máis aló do Grândola

 O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou en Compostela por vez primeira o Grândola. José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos fai parte da nosa historia. O Zeca forxou un vínculo co pobo galego que vai máis alá dos concertos e das amizades. 1972 tampouco é unha data calquera en Galiza. Este ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido o 10 de marzo a mans da policía franquista como pola forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais. Este documentario, producido por Nós Televisión, afonda no Zeca, no 1972 e na Galiza. Esta produción non tería sido posíbel sen a colaboración de Xarda Cooperativa Galega de Comunicación e a Associaçom José Afonso Galiza.

#DígochoEu​ Non digas *espalda

 


15/04/21

Conversa con TOMASHOW

Coñecemos desta volta a Tomás, a cara visible da exitosa canle de entrevistas universitarias tomashow. Un rapaz de Touro que estuda psicoloxía e que ten moi claro o que fai e o que quere facer.

 


Camiño da Geira e dos Arrieiros

 Documental dirixido por Xoel Méndez no que se percorre o Camiño de Santiago desde Braga a través da ruta da Geira e dos Arrieiros. Cun enfoque eminentemente divulgativo e a xeito de road movie, a cámara (por terra e por aire) percorre esta senda que, malia o seu inxusto anonimato, xa conta seis séculos de historia. No camiño irá atopándose investigadores e persoeiros da vida política e cultural dos diversos concellos polos que pasa. Son eles quen, xunto cunha narración en off de corte neutral e informativo, irán ilustrando e explicando a importancia histórica dese itinerario, da paisaxe e do patrimonio que atesoura e que converte o da Geira nun dos vieiros con maior potencial e mellor valoración entre os peregrinos.

21DCGe+ 2021 / Que necesito para facer un podcast?

 


BAIUCA LIVE FROM APOLO | DIA EUROPEO DA MÚSICA 2020

 Baiuca é o alcume do galego Alejandro Guillán, artista que sorprendou co seu primeiro disco longo ("Solpor", 2018), cunha mistura de sons tradicionais e electrónica. Aquí vos deixamos un miniset gravado en directo na Sala Apolo de Barcelona, que Alejandro nos regalu como motivo do Día Europeo da Música (2020).

 


12/04/21

Fóra | O proxecto nas Percebeiras, en Labañou

 


Agustín Fernández Paz: "A viaxe da Gagarin"

 O 12 de abril de 1961, hai sesenta anos, o cosmonauta soviético Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. O escritor e docente Agustín Fernández Paz publicou esta novela no ano 2014 que, aproveitando a proeza deste feito, evoca a memoria dos feitos da súa adolescencia e mocidade. A cidade da Coruña será o marco espacial onde se desenvolva o relato.

Recensión da novela en edicións Xerais 


 



#DígochoEu​ Non confundas 'tachar' e 'riscar'

 


11/04/21

1ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA”

 

 Bases do concurso

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2020-2021.

 2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.

 3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará  na semana do 10 ao 14 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.

 4. O concurso terá tres niveis:

 ·  1º e 2º de ESO.

·  3º e 4º de ESO.

·  Bacharelato.

5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.

 6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:

·  Durante a primeira semana (19 ao  23 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.

·  Na  segunda semana (do 26 ao 30 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.

·  Na  terceira semana (do 3 ao 7 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas.

·    Na derradeira semana (10 a 14 de maio) poderán ser gañadores únicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.

7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com

8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.

 9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público no taboleiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.

10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.

 11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:

·  1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.

·  2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.

12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:

 a)      Maior puntuación nas tres semanas previas.

b)      De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.

 12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

As 50 do YouTube - Marzo 21

 


"Agora.gal aspira a ser a porta de entrada á Internet en galego"

 Entrevista de Marcos Pérez Pena a Isaac González

Portada de Agora.gal © Agora.gal

 

‘Ons’, con nove galardóns, gran vencedora dos XIX Premios Mestre Mateo

 Información en Praza Pública