27/10/19

O Superdépor feminino nos puntos altos da clasficación da 1ª división

Un fin de semana de outubro de 1992 naceu o Superdépor, tras unha épica remontada contra o Real Madrid (3-2). O club blanco inciaría nese momento unha sequía de 17 tempadas consecutivas sen gañar en Riazor, con auténticos bailes para escarnio galáctico.
Case tres décadas depois, outro Superdépor, o feminino, colíder de Primeira Iberdrola co orzamento máis baixo da competición, parece disposto a recoller aquel legado. O derradeiro domingo de outubro ridiculizou ao Club Deportivo Tacón (3-1), club comprado a golpe de talonario polo Real Madrid, e para o que ficharon moitísimas xogadoras internacionais. Porque se Pablo Pereiro e Manú Sánchez víronse e desexáronse para armar un equipo de elite, co bloque da tempada pasada e algunhas xoves que foron captando, o Tacón aproveito a notable inxección económica de Florentino para firmar internacionais suecas, francesas, ingles, brasileiras e nixerianas.
Pero este novo Superdépor é moi grande. Enorme. As branquiazuis rebentaron Abegondo (terceiro cheo consecutivo), aumentado incluso máis o sobreaforo, xa que contras as madrileñas encheuse de público a pé de campo, por detrás das vallas. Á  media hora do inicio, xa non había sitio para sentarse.


26/10/19

Galicia, todo ao negro

O "thriller" detectivesco convírtese na gran aposta dos escritores galegos
 

 Artigo de Susana Acosta en Fugas de La Voz de Galicia (25-10-2019)


Nunha das habitacións da segunda planta dunha casa indiana de Lagoa de Pastoriza, en Lugo, Carlos Reigosa propuxose escribir en pleno mes de agosto Crime en Compostela. Era o verán do 83. E a obra convertiuse no primeiro best seller da literatura galega contemporánea, con máis de 35.000 exemplares vendidos, precursora dunha ondada de crimes resoltos que crearon escola, unha auténtica revolución de plumas dispotas a escribir a crónica actual de sucesos ficticios que se fragua na mente destes creadores.
Reigosa pechouse durante 26 días exacatamente. Dende as seis da mañá ata ás doce da noite non deixou de crear e de mover as teclas da súa antiga máquina de escribir, mentres a súa muller e as súas fillas disfrutaban do verán ao aire libre no xardín: Era agora ou nunca. Tiña que escribila neses días antes de regresar a Madrid, á redacción central de Efe. Foi un ataque de paixón, de paixón desbordada que acabou case nun acto heroico. Non escribín ningunha outra novela máis así na miña vida. Entón, o xove Reigosa tiña 35 anos e a historia a tiña en mente dende facía tempo. A tiña estruturada e tiña moi claro que os seus personaxes non serían aqueles arquetipos que lera nos seus referentes da novela negra -Raymond Chanler, Ross MacDonald, Dashiell Hammett-. Personaxes sen vida propia, que só servían de fío condutor para resolver o crime: Tiñan que ser persoeiros que vivisen no tempo, envellecesen, que tivesen vida, relacións familiares, psicoloxía... explica.
E todo isto o veu moi claro cando aterrou en Santiago como delegado en Galicia para a axencia de noticias. Descubriu o escenario perfecto para cometer un crime: A Compostela desa época era un lugar fascinante. Tamén tiña algo de aldea. Nunca a mirara asía ata que vivín nela. Era un espazo idóneo, de rúas estreitas e con poucas luces. E xurdiu ese espazo negro onde cometer un crime podería parecer doado. Santiago chamoume para facer a obra. E así foi como naceu Crime en Compostela na cabeza de Reigosa. O final da obra tampouco podía ser doutro xeito, moi noir: Estiven tres ou catro días facéndolle correcións e fun ver a un amigo catedrático de galego para que me detectase os castelanismos. Acabamos bebendo whisky. Cando es novo xa se sabe... comenta o que foi dende o primeiro momento consciente de que estaba abrindo un camiño no mundo da narrativa galega: Era consciente de que non existía novela policial galega, que se abría un camiño no que a xente podería considralo unha idiotez ou non. A resposta foi contundente. Reigosa gañou a primeira edición do Premio Xerais e se publicaron oito edicións seguidas.
Se as rúas de Santiago foron testemuña do asasinato de Aurelio Xieiro, un coñecido construtor da sociedade compostelana, a cidade do crime pasou ser Vigo e arredores coa irrupción de Domingo Villar, Pedro Feijoo, Francisco Castro e Beto Luaces no panorama literario. A praia dos afogados foi a consagración deste escritor vigués que traspasa fronteira e que nos tres libros da serie do inspector Caldas xa conseguiu vender máis de 70.000 exemplares. A súa última novela O último barco, esgotou a primeira edición en tres meses.


Domingo Villar: Tirei centos de páxinas porque sentín  que non tiñan emoción
Ata a universidade portuguesa ten estudado o bum da novela negra en Galicia, que este ano ten chegado ao top tamén grazas a autoras como Arantza Portabales e Ledicia Costas.
En Vigo o thriller detectivesco acadou unha difusión desoñecida ata o monento (...). A narración de suspense polas rúas de Vigo e a súa contorna foi acollida moi positivamente polo público e a crítica, acadando, ademaís unha notable lexitimación cultural e académica, que transcendía a categorización popular e subxenérica que a narración policial tivo nos inicios, explica Xaquín Núñez da Universidade do Minho, en Vigo noir, Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega.
As claves deste fenómeno literario as ten claras Francisco Castro, autor da novela negra Tes ata as dez  (2014), outro auténtico éxito literario con máis de 4.500 exemplares vendidos. Esa é a mensaxe que, supostamente, recibe por correo electrónico o protagonista, Antonio Correa, do seu pai. Un correo que chega un día despois da morte do seu proxenitor e que lle obrigará a investigar un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Castro destaca, por encima de todo, o feito de que a novela negra é o xénero que máis se consome: En primeiro lugar a madurez do sistema literario galego, xa é un sistema maduro e ocúpase de tódalas temáticas. Faltábanos a novela negra, como explisión de xénero, no sentido de como se deu en castelán hai décadas. Así que é un síntoma de normalidade. Outro factor que tamén subraia o director da editorial Galaxia é o feito de que os autores de agora pensan no lector: Se nos anos 60 ou 70 o novelista pretende ser patriótico e que as novelas retraten Galicia, neste momento este asunto está superado e o que queremos é ter lectores e lectoras, facerlle pasar un bo momento, que pensen, que reflexionen (...), e nese sentido, o xénero negro permíteo ben. Tamén apunta o feito de que a xeneración actual de autores criouse vendo series de televisión: Levamos toda a vida vendo historias de detectives, crimes, tramas de intriga e loxicamente isto configúranos. E como derradeiro factor determinante considera que a literatura galega é unha literatura urbana: Escribimos historias urbanas e as cidades, nomeadamente Vigo, son escenarios que se prestan moito ás tramas policiais. Castro xa prepara un novo título que sairá en xaneiro, que conta con tódolos ingredientes dun thriller detectivesco.
Este último aspecto, e o do carácter urbano, que tamén o menciona Francisco Alonso, director de Xerais, que destaca o feito de que a novela negra en Galicia está en evolución: Temos a un autor tan importante como Diego Ameixeiras -con Conduce rápido (2014)-, que renovou o xénero de forma mor levante, e así foi recoñecido fóra de Galica. Un autor ao que na Semana Negra de Xixón lle teñen un enorme respecto. E iso é pola súa capacidade de renovar a novela negra. Vigo ten moito, unha estrutura urbana e unhas características urbanas que a fan máis próxima para a novela negra, pero hoxe a novela negra está moi aberta e ten moitas formas posibles, explica Alonso, que tamén destaca a obra de Manuel Esteban, A ira dos mansos (2016), premio Xerais do 2016 con 2.600 exemplares vendidos, e que tamén está ambientada en Vigo: A novela non nace como unha novela senón como unha necesidade miña de contar cousas, de explicarme a min mesmo e á miña contorna o que estabamos a vivir como pais dun rapaz con síndrome de Down. E áinda que o que aparece é unha novela negra, realmente é unha escusa para falar da vivencia diaria dunha persoa con síndrome de Down, explicou o autor nunha entrevista tras recibir o premio.
Vigo é tamén a capital do crime para Pedro Feijoo en Os fillos do mar (2011), finalista dos premios Xerais dese ano e outro auténtico fenómeno liberario en Galicia e con moi boas cr´ticas, con 9.800 exemplares vendidos. Ao igual que a cidade olívica é protagonista en Os fillos do lume (2017) e 3.200 exemplares, no que a corrupción urbanística e a política entran tamén en escena. Sen piedade (2018) convírtese, en cambio nunha especie de road movie literaria, na que os verdadeiros protagonistas non son os personaxes principais, senon as mulleres que non teñen voz no libro. Ansioso ten Pedro Feijoo aos lectores que sacará un novo título en novembro, Un lume azul.
Outro auténtico hit foi Vicus. Un lugar do común  (2017), publicada polo selo Bolanda e ambientada tamén en Vigo e na serra do Suído, ten desbancado o pasado ano en préstamos na Biblioteca Central de Vigo a bestsellers como Patria, de Fernando Aramburu, La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker, La sustancia del Mal, de Luca D'Andrea, e Todo esto te daré, de Dolores Redondo.

As raíñas do crime

Sí, elas pisan forte no xénero negro. Como a escritora viguesa María Oruña. O seu famoso Puerto escondido (2015) acumula 19 edicións con Planeta. O éxito desta novela foi tal que, o ano seguinte de publicarse, os concellos de Suances, Comillas e Santillana del Mar acordaron realizar unha ruta literari oficial seguindo a novela. A serie da teniente Valentina Redonda continuou con Un lugar a donde ir (2017), con once edicións e Donde fuimos invencibles (2018), o seu terceiro traballo, que suman sete edicións. 
Arantza Portabales: Penso que as cousas boas que me pasan non as merezo

Cunha imaxe impactante comeza Beleza vermella (2019), de Arantza Portabales. O asasinato da sobriña dunha das artistas máis relevantes do panorama cultural polo seu círculo máis cercano aparece escrupulosamente escenificado cunha estampa que recorda a unha obra de vangarda. No momento do asasinato tan só cinco persoas atópanse na casa. Unha trepidante historia que xa enganchou a máis de dous mil lectores. 
A coruñesa Nieves Abarca  tamén ocupa un posto honorífico no xénero negro. Dende o 2012 non deixou de colleitar éxitos con Vicente Garrido. Os casos de Valentina Negro xa se converteron nun clásico do xénero con catro entregas Crímenes exquisitos (2012), Martyrium (2013), El hombre de la máscara de espejos (2014) e Los muertos viajan deprisa (2016). O seu último traballo, El beso de Tosca (2018), xa atrapou a máis de 30.000 lectores aos poucos meses de saír á luz.
Ledicia Costas: Obsesioneime. Deixei a pel na escrita
A listaxe do noir galego péchase con unha das escritoras de moda, e con máis garra, do panorama literario. Ledicia Costas abandona momentaneamente a literatura infantil tras o éxico de Escarlatina, a cociñeira defunta (2014) e Esmeraldina, a pequena defunta (2016) e adéntrase no trepidante xénero negro cunha obra que non poderás deixar de ler ata acabala. Xa conta con máis de 4.400 exemplares vendidos. Asi que fagan as súas apostas, pero recorden que Galicia xoga todo ao negro.

25/10/19

Guadi Galego: Immersión

IMMERSION é unha reconstitución de si mesma.
Unha revisión en sete linguas afíns a Guadi, por territorio cultura e emoción.
Unha reinterpretación da súa própia música.
Son once temas xa editados non seus últimos traballos e un tema inédito que soa agora en mundos musicais distintos.
A IMMERSION prodúcese nun universo íntimo e arriscado. O disco afástase dos moldes e ábrese a un mundo plural de posibilidades artísticas e de sentimentos. Para conseguilo bota man de múltiples colaboracións.
A venda o 25 de outubro.

https://www.guadigalego.eu/index.html

 

Fariña

Estreo no Teatro Colón venres 25 de outubro


Baseada na obra de Nacho Carretero



22/10/19

Ses-Algo que me anime

O Barbanza: a comarca de Galicia onde máis medrou o uso do galego na última década

Cal é o segredo da zona de Galicia onde máis aumentou o número de galegofalantes?

Esta é a zona de Galicia onde máis creceu a proporción de galegofalantes nos últimos dez anos, a tvg foi ata alí para saber cales puideron ser os motivos.

 

Ver reportaxe na TVG 

 

 


19/10/19

Deirdre Barry-Murphy: «Aos alumnos lles sorprende que sendo irlandesa fale galego»

A profesora organiza na Escola de Idiomas da Coruña "coffe sessions" con aprendices de galego e inglés

Foi profesora no IES Monelos en cursos anteriores. Actualmente é a coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega na Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Máis información en La Voz de Galicia

 

18/10/19

Unha exalumna do IES Monelos compite con éxito nun concurso da televisión

Victoria Folgueira veciña do barrio e exalumna do IES Monelos participa no concurso de Boom de Antena 3

Estudiou bacharelato no noso instituto de 1989 a 1993. Posteriormente cursou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago. É especialista en arqueoloxía e participou profesionalmente en moitas campañas ao longo da xeografía galega.
A súa experiencia televisiva en concursos non é ninguha novidade. Xa no 2006 pisou por primeira vez o plató de Saber y Ganar emitido en La 2 da televisión pública, e foi imbatible durante 86 programas. Grazas a isto gañou a edición dos Magníficos daquel ano, Victoria puido reincorporarse e chegar ata o programa 100. No seu último programa respondeu a unhas preguntas do Duelo grabadas na Coruña e enfrontouse por teléfono, a 4 xogadores do programa, nun especial Tres en Raya.
Actualmente forma parte dun grupo denominado Los Dispersos que compite no programa Boom de Antena 3. Que teña moita sorte neste concurso. 


Terror e humor galego no Festival de Cinema Fantástico da Coruña

O domingo 20 de outubro clausúrase o Festival de Cinema Fantástico da Coruña. Para pechar a semana, proxectaranse películas fantásticas do cinema galego e xaponés, estas últimas infantís. Ademais, ata o 27 de outubro, poderase visitar a exposición de Xurxo Penalta, un dos ilustradores galegos máis importantes a nivel internacional. O día 31 será o día adicado á caracterización, cun obradoiro de FX e unha andaina zombi pola Coruña.



17/10/19

Os nomes das rúas centran a IV xornada da onomástica que se celebra en Pontevedra

“Estudar a toponimia dos nosos espazos urbanos axuda a coñecer o que somos e, sobre todo, de onde vimos”, salienta o presidenteReal Academia Galega Víctor F. Freixanes.

16/10/19

Unha ducia de estampas galegas no V centenario da Habana


 

Premios Xerais de Galicia 2019

Os Premios Xerais de Galicia foron entragados o sábado 19 de outubro na súa 40º edición

Os agrazados nesta edición foron:

Xelís, o guieiro das botellas de mar de Rosa Aneiros, premio Merlín.

Os corpos invisibles de Emma Pedreia, premio Jules Verne.

Shaghai a Barcelona de Amador C. Moure, premio Xerais.

Parabéns aos gañador@s.



 

13/10/19

12/10/19

A quebra na transmisión xeracional do galego certifica a importancia da poboación neofalante no futuro da lingua

O pasado setembro o Instituto Galego de Estatística actualizaba os datos de uso e coñecemento da lingua galega. As cifras amosaban que o galego resiste como lingua maioritaria entre a metade da poboación, aínda que cun enorme 'pero': esa resistencia aséntase fundamentalmente na poboación maior de cincuenta anos. Mentres, pola banda da mocidade as persoas que din falar habitualmente en galego ou "máis en galego que en castelán" xa non chegan ao 40% e a proporción cae por baixo do 30% no caso da infancia de 5 a 14 anos. O panorama ten aínda máis sombras no que atinxe ao coñecemento infantil: a cuarta parte dos nenos e nenas sabe falar galego "pouco ou nada", case seis puntos máis que a comezos de século.


 

11/10/19

Un lume azul

Novidade literaria de Pedro Feijoo este novembro

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, "Un lume azul" é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos. 

 

 

10/10/19

Vinte falando

En que fala a xente nova na Galicia do 2019? Nesta minipeza documental preguntámoslles a distintas persoas do universo VINTE pola súa relación coa lingua e a súa perspectiva en canto á situación do galego. Participan: Lucía Estévez, Nuno Pico, Sabela Arán, Lois Brea, Carolina Iglesias, as Brigantias, Cuchillo de Fuego, Flow do Toxo, Melania Freire, Wage Kori, Andrea Villa, Vella Escola, Edu Fernández e Belén G. Ojea. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia).

07/10/19

A Xunta alega unha excepción da Lei de Transparencia para ocultar canto paga aos colexios que segregan por sexo

A Xunta non sabe canto suman as diversas partidas económicas que entrega cada ano a cada un dos cinco colexios galegos concertados que seguen a discriminar o alumnado por sexo. Así o admite o Goberno galego.

 

06/10/19

Alexander von Humboldt: explorador científico do continente americano


 

A matinar sobre o "Carpe Diem"

Artigo de opinión de Felipe Senén


Un veciño de Monelos en guerra contra EMALCSA

Manuel Suárez: Dende fai un mes o auga sae marrón cada vez que abro a billa. Síntome indefenso e xan non sei a que recorrer

Información de Laura Rodríguez en La Opinión da Coruña (6/10/2019). Fotografía de Carlos Pardellas

 

Retiran máis de 2.000 quilos de lixo da ría da Coruña na zona de Fonteculler

A convocatoria dun veciño foi secundada por máis de 150 voluntarios

Máis de cen voluntarios limpando a ría do Burgo
 

O futuro da central térmica das Pontes

O biólogo e ecoloxista Xosé Veiras analiza nunha entrevista en Praza Pública analiza o futuro de Galiza sen centrais termoeléctricas


Xosé Veiras membro da plataforma Galiza sen carbón
Central térmica de ENDESA nas pontes

Ana Peleteiro conclúe sexta na final de triplo salto

A galega Ana Peleteiro, campiona de Europa en sala, quedou sexta na final de triplo salto celebrada en Doha (Qatar) o sábado cinco de outubro.
O momento doce da discípula de Iván Pedroso, que gañou ste das súas nove competicións este anos e en catro delas superou os 15 metros, concedíalle fundadas esperanzas de igualar a Irgüen, á cubana Yargelis Savigne e a rusa Tatyana Lebedeva como dupla campiona do mundo.
As declaracións de Ana valorando esta final foron as seguintes:
Melloro o de Londres, é un bon posto, pero quédome cun sabor agridoce. Non penso no pasado, cada competición e distinta, as condicións, cada cousa cambia... Intentei dar o mellor, non é que esté triste polo posto, tiven boas sensacións, pero logo na competeicón notei o mes polo que pasei, dixo Peleteiro a Teledeporte.
Supoño que o feito de ser unha temporada tan longa pasoume factura. Hai que analizar tdo ben para saber cómo atacamos o ano que vén. Non puiden facer os impulsos neno os apoios como quería, engadiu ao ser preguntada pola súa recente lesión.
Nembargantes, Peleteiro destacou a súa evolución. Cada ano estou máis preto do podio mundial. Analizándoo todo foi un bo ano, aprendín moitísimo e coñecinme más do que me coñecía. Non só hai que quedarse coas marcas e cos récordos, agregou. 




Seguimento de Ana Peleteiro en Ribeira:
https://www.facebook.com/vozdeportes/videos/2601976870090767/

05/10/19

02/10/19

Un artista converte ás avoas galegas en superheroínas en murais xigantes

Artigo de Emilio Sánchez Hidalgo (El País 18-12-2017)

A N-550 é a estrada que cruza Galiza de norte a sur. Empeza na Coruña, pasa por Santiago, Pontevedra e Vigo e remata en Tui, na fronteira con Portugal. Joseba Muruzábal, máis coñecido como Yoseba MP, artista galego de 35 anos, a ten atravesado moitas veces. A ambos lados desa estrada poder ver a señoras faenando, sachando na horta, segando herba, cargando bolsas...
Todas vestidas co mandilón a cadros. Este coruñés leva máis dun ano pintando a esas mulleres nas fachadas dos edificios galegos. Dándolle unha nota de cor ao feismo urbanístico das nosas vilas. Móstraas como que son, superheroíndas.
Estes murais enmárcanse en Fenómenos do rural, unha serie que arrancou en forma de cadros para a Feira do Cocido de Lalín (Pontevedra). O tema desa exposición xira en torno ao cocido, un prato típico galego. Partindo diso ocurreuselle cambiar o concepto das Meigas galegas. Pera para unha mirada educada na ciencia ficción é moito máis natural que unha señora que pela unha pataca no aire sexa un jedi de Star Wars que unha bruxa, di Muruzábal.

Pouco despois, os cadros deixaron paso aos murais xigantes: Pintei o meu primeiro mural en outubro do 2016 no festival DesOrdes creativas. Os organizadores deste encontro de arte urbana animáronlle a pintar en grande. Son murais de ata 15 metros de altura. Pero, por que mulleres galegas como se tivesen poderes? Creo que a Galiza rural é un sitio atípico. O minifundio e a economía de subistencia son algunhas das causas. Non te sorprendas se ves a unha octoxenaria podando unha froiteira ou carrexando leña polo arcén da estrada.

Na Galiza rural, as casas definen as beiras das estradas, unha fila india de construcións que che levan de pobo en pobo. Cultívase durante todo o ano, un traballo de casa para o que a xubilación non existe. Para a maioría destas señoras, o traballo na horta é para toda a vida, o que as fai fortes e resistentes. Unha vida acostumada ao traballo fai que o que antes foi necesidade e obriga agora sexa o mellor dos deportes. Como non van ser superavoas se o seguen facendo, di Muruzábal. O artista consegue convencer ás avoas que pintou a través dos seus netos, amigos que tén por toda Galiza. É o caso da Greleira de 50 pés en Ordes. Lola de 91 anos, posa para Muruzábal vendendo grelos e versionando a película O ataque da muller de 50 pés  (1958): A ruta do grelo é un tramo da estrada preto de entrar en Ordes onde as mulleres venden grelos preto da estrada ou da porta das súas casas.
Unha vez que coñezo á modelo e vexo a súa casa, busco a maxia. Ás veces fago unha relación coa tradición do lugar onde estou pintando e noutras, o poder está vinculado directamente ás actitudes da modelo, indica. O mural de Maruxa vai polo segundo camiño: Unha muller facendo levitar un polo e asándoo a base de ondas de calor que lle saen dos ollos. É unha obra de arte que se atopa en Santiago. 

En Cambre, vila de Muruzábal, está o mural de Luisa, que aos seus 83 anos é A cortesá de Cambre, a muller acróbata. É a aboa dunha excompañeira de clase. O que hoxe é o salón-cociña comedor da súa casa, foi o bar O Novo. Abriuno co diñeiro acumulado tras anos de traballo en Inglaterra. Chegar con diñeiro para facer unha casa ou montar un negocio é un clásico da nosa terra.
Na terraza tiña case tantas bombonas de butano como galiñas. Imaxineina circense baixando a costa da súa casa enriba dunha bombona de butano e con outra na man, di o artista.

Muruzábal fai fotos ás súas modelos antes de pintalas nas fachadas dos edificios. Tén que coñecelas para saber os seus poderes. En Fina de Carballo está A muller nitromón, onde Elisa (84 anos) suxeita unha pata xigande como se fose Obélix cun menhir. 
Falamos da horta e díxome que en Galiza non crecían ben as cousas ata que chegou o químico. De toda a charla quedeime coa palabra nitromón (abono químico). O resultado é un xogo entre Obélix e unha muller que fai que as súas patacas sexan do tamaño de menhires.

Muxía é terra de rochas, moitas ondas e ideal para o percebe. Alí esta o miral de Claudina (79 anos), que foi ao percece dende os 15 ata os 65 anos. Máis dunha vez case a leva o mar. Pintouna varias veces nunha secuencia saltando de rocha en roncha coma unha ninja. O mural está na lonxa: A ninja Claudina e a raspa dourada.

Nas Pontes atopamos A Carme da depuradora, Lady Falcon. A máis maior de todas. 95 anos de bo humor. O seu marido traballaba na casa da depuradora de auga. Leva máis de dúas décadas viúva vivindo sola e de forma autosuficiente. O pintor di que se autoinvitou a comer na súa casa cando rematou o mural. Non lle deixou levantarse da mesa. Todo o facía ela, despacio pero con ritmo. Limitouse a escoitar a historia da súa vida comendo a súa tortilla.

Asegura que as modelos suelen reaccionar antes os murais cun susto bo. E quedan sustos por dar: en Baio (Zas) pintou outro mural. O máis seguro é que o modelo tamén leva o babi. O uniforme de traballo do país que xa é un elemento iconográfico da terra. É o uniforme das superheroínas galegas.





01/10/19

Arte urbana: Isaac Díaz Pardo inmortalizado en Sada


A artista galega Lula Goce rendiu unha homenaxe dende este impoñente mural urbano no barrio sadense de Cantarrana ao intelectual galeguista, pintor, editor, deseñador industrial e creador que creou neste concello Cerámicas do Castro.
Isaac Díaz Pardo mira tranquilo cara a factoría que creou hai máis de cincuenta anos.



30/09/19

San Froilán 2019

Do 4 ao 12 de outubro




Premio a Óliver Laxe no web da Film Comission Donostia

Aínda que non obtivo o premio do público polo que competía no 67 Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o filme O que arde de Óliver Laxe, non volta de baleiro do evento que fechou as súas portas esta fin de semana. A produción do director galego foi recoñecida co IX Premio San Sebastián-Gipuzkoa film Commission, no que competía con outras 18 producións e que se entrega no marco do festival. O galardón recoñece os filmes que mellor representan a contorna na que se rodaron, neste caso Tapia de Casariego, en Asturias. A produción levou un premio de 10.000 euros que se reparte entre a produtora (7.000) e a Asturias Paraíso Natural Film Comission (3.000) Navia de Suarna acolleu este 29 de setembro a preestrea en Galicia do filme, que se poderá ver no Festival de Ourense e no Curtocircuíto de Compostela antes da súa estrea en salas do país o vindeiro 11 de setembro. Pola súa banda, en Compostela fechaba o día 28 o Festival Internacional de Cinema Rural. Luzas y Morras de José Carlos Castaño fíxose co premio na categoría de documental, mentres Chen Li (Ciruela de agua dulce) de Roberto F. Canuto e Xiaoxi Xu levou o premio na de ficción. O galardón do público foi para Ubi Sunt de Sandra Román Peñalba.

28/09/19

A nena, o monstro e o mar


Unha novela que se propón como conquista para lectores e lectoras expertos de oito anos en diante: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa. 

27/09/19

As Brigadas Deseucaliptizadoras superan xa as 600 persoas voluntarias

Desde abril de 2018 até agora, ano e medio despois, as Brigadas Deseucaliptizadoras actuaron en máis de mil hectáreas de monte e suman xa máis de 600 brigadistas. A iniciativa que naceu da man de Verdegaia do compromiso de “·deixar de laiarse e actuar”, foi estendéndose aos poucos por todo o país.