Desde abril de 2018 até agora, ano e medio despois, as Brigadas
Deseucaliptizadoras actuaron en máis de mil hectáreas de monte e suman
xa máis de 600 brigadistas. A iniciativa que naceu da man de Verdegaia
do compromiso de “·deixar de laiarse e actuar”, foi estendéndose aos poucos por todo o país.