30/09/19

Premio a Óliver Laxe no web da Film Comission Donostia

Aínda que non obtivo o premio do público polo que competía no 67 Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o filme O que arde de Óliver Laxe, non volta de baleiro do evento que fechou as súas portas esta fin de semana. A produción do director galego foi recoñecida co IX Premio San Sebastián-Gipuzkoa film Commission, no que competía con outras 18 producións e que se entrega no marco do festival. O galardón recoñece os filmes que mellor representan a contorna na que se rodaron, neste caso Tapia de Casariego, en Asturias. A produción levou un premio de 10.000 euros que se reparte entre a produtora (7.000) e a Asturias Paraíso Natural Film Comission (3.000) Navia de Suarna acolleu este 29 de setembro a preestrea en Galicia do filme, que se poderá ver no Festival de Ourense e no Curtocircuíto de Compostela antes da súa estrea en salas do país o vindeiro 11 de setembro. Pola súa banda, en Compostela fechaba o día 28 o Festival Internacional de Cinema Rural. Luzas y Morras de José Carlos Castaño fíxose co premio na categoría de documental, mentres Chen Li (Ciruela de agua dulce) de Roberto F. Canuto e Xiaoxi Xu levou o premio na de ficción. O galardón do público foi para Ubi Sunt de Sandra Román Peñalba.