Un lume azul
Novidade literaria de Pedro Feijoo este novembro
Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que
nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada
previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e
gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira
historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén
emotiva e, sobre todo, imprevisible, "Un lume azul" é unha apaixonante e
intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten
afeitos.