Artigo de Susana Acosta en Fugas de La Voz de Galicia (25-10-2019)
Nunha das habitacións da segunda planta dunha casa indiana de Lagoa de Pastoriza, en Lugo, Carlos Reigosa propuxose escribir en pleno mes de agosto Crime en Compostela. Era o verán do 83. E a obra convertiuse no primeiro best seller da literatura galega contemporánea, con máis de 35.000 exemplares vendidos, precursora dunha ondada de crimes resoltos que crearon escola, unha auténtica revolución de plumas dispotas a escribir a crónica actual de sucesos ficticios que se fragua na mente destes creadores.
Reigosa pechouse durante 26 días exacatamente. Dende as seis da mañá ata ás doce da noite non deixou de crear e de mover as teclas da súa antiga máquina de escribir, mentres a súa muller e as súas fillas disfrutaban do verán ao aire libre no xardín: Era agora ou nunca. Tiña que escribila neses días antes de regresar a Madrid, á redacción central de Efe. Foi un ataque de paixón, de paixón desbordada que acabou case nun acto heroico. Non escribín ningunha outra novela máis así na miña vida. Entón, o xove Reigosa tiña 35 anos e a historia a tiña en mente dende facía tempo. A tiña estruturada e tiña moi claro que os seus personaxes non serían aqueles arquetipos que lera nos seus referentes da novela negra -Raymond Chanler, Ross MacDonald, Dashiell Hammett-. Personaxes sen vida propia, que só servían de fío condutor para resolver o crime: Tiñan que ser persoeiros que vivisen no tempo, envellecesen, que tivesen vida, relacións familiares, psicoloxía... explica.
E todo isto o veu moi claro cando aterrou en Santiago como delegado en Galicia para a axencia de noticias. Descubriu o escenario perfecto para cometer un crime: A Compostela desa época era un lugar fascinante. Tamén tiña algo de aldea. Nunca a mirara asía ata que vivín nela. Era un espazo idóneo, de rúas estreitas e con poucas luces. E xurdiu ese espazo negro onde cometer un crime podería parecer doado. Santiago chamoume para facer a obra. E así foi como naceu Crime en Compostela na cabeza de Reigosa. O final da obra tampouco podía ser doutro xeito, moi noir: Estiven tres ou catro días facéndolle correcións e fun ver a un amigo catedrático de galego para que me detectase os castelanismos. Acabamos bebendo whisky. Cando es novo xa se sabe... comenta o que foi dende o primeiro momento consciente de que estaba abrindo un camiño no mundo da narrativa galega: Era consciente de que non existía novela policial galega, que se abría un camiño no que a xente podería considralo unha idiotez ou non. A resposta foi contundente. Reigosa gañou a primeira edición do Premio Xerais e se publicaron oito edicións seguidas.
Se as rúas de Santiago foron testemuña do asasinato de Aurelio Xieiro, un coñecido construtor da sociedade compostelana, a cidade do crime pasou ser Vigo e arredores coa irrupción de Domingo Villar, Pedro Feijoo, Francisco Castro e Beto Luaces no panorama literario. A praia dos afogados foi a consagración deste escritor vigués que traspasa fronteira e que nos tres libros da serie do inspector Caldas xa conseguiu vender máis de 70.000 exemplares. A súa última novela O último barco, esgotou a primeira edición en tres meses.
Domingo Villar: Tirei centos de páxinas porque sentín que non tiñan emoción |
En Vigo o thriller detectivesco acadou unha difusión desoñecida ata o monento (...). A narración de suspense polas rúas de Vigo e a súa contorna foi acollida moi positivamente polo público e a crítica, acadando, ademaís unha notable lexitimación cultural e académica, que transcendía a categorización popular e subxenérica que a narración policial tivo nos inicios, explica Xaquín Núñez da Universidade do Minho, en Vigo noir, Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega.
As claves deste fenómeno literario as ten claras Francisco Castro, autor da novela negra Tes ata as dez (2014), outro auténtico éxito literario con máis de 4.500 exemplares vendidos. Esa é a mensaxe que, supostamente, recibe por correo electrónico o protagonista, Antonio Correa, do seu pai. Un correo que chega un día despois da morte do seu proxenitor e que lle obrigará a investigar un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Castro destaca, por encima de todo, o feito de que a novela negra é o xénero que máis se consome: En primeiro lugar a madurez do sistema literario galego, xa é un sistema maduro e ocúpase de tódalas temáticas. Faltábanos a novela negra, como explisión de xénero, no sentido de como se deu en castelán hai décadas. Así que é un síntoma de normalidade. Outro factor que tamén subraia o director da editorial Galaxia é o feito de que os autores de agora pensan no lector: Se nos anos 60 ou 70 o novelista pretende ser patriótico e que as novelas retraten Galicia, neste momento este asunto está superado e o que queremos é ter lectores e lectoras, facerlle pasar un bo momento, que pensen, que reflexionen (...), e nese sentido, o xénero negro permíteo ben. Tamén apunta o feito de que a xeneración actual de autores criouse vendo series de televisión: Levamos toda a vida vendo historias de detectives, crimes, tramas de intriga e loxicamente isto configúranos. E como derradeiro factor determinante considera que a literatura galega é unha literatura urbana: Escribimos historias urbanas e as cidades, nomeadamente Vigo, son escenarios que se prestan moito ás tramas policiais. Castro xa prepara un novo título que sairá en xaneiro, que conta con tódolos ingredientes dun thriller detectivesco.
Este último aspecto, e o do carácter urbano, que tamén o menciona Francisco Alonso, director de Xerais, que destaca o feito de que a novela negra en Galicia está en evolución: Temos a un autor tan importante como Diego Ameixeiras -con Conduce rápido (2014)-, que renovou o xénero de forma mor levante, e así foi recoñecido fóra de Galica. Un autor ao que na Semana Negra de Xixón lle teñen un enorme respecto. E iso é pola súa capacidade de renovar a novela negra. Vigo ten moito, unha estrutura urbana e unhas características urbanas que a fan máis próxima para a novela negra, pero hoxe a novela negra está moi aberta e ten moitas formas posibles, explica Alonso, que tamén destaca a obra de Manuel Esteban, A ira dos mansos (2016), premio Xerais do 2016 con 2.600 exemplares vendidos, e que tamén está ambientada en Vigo: A novela non nace como unha novela senón como unha necesidade miña de contar cousas, de explicarme a min mesmo e á miña contorna o que estabamos a vivir como pais dun rapaz con síndrome de Down. E áinda que o que aparece é unha novela negra, realmente é unha escusa para falar da vivencia diaria dunha persoa con síndrome de Down, explicou o autor nunha entrevista tras recibir o premio.
Vigo é tamén a capital do crime para Pedro Feijoo en Os fillos do mar (2011), finalista dos premios Xerais dese ano e outro auténtico fenómeno liberario en Galicia e con moi boas cr´ticas, con 9.800 exemplares vendidos. Ao igual que a cidade olívica é protagonista en Os fillos do lume (2017) e 3.200 exemplares, no que a corrupción urbanística e a política entran tamén en escena. Sen piedade (2018) convírtese, en cambio nunha especie de road movie literaria, na que os verdadeiros protagonistas non son os personaxes principais, senon as mulleres que non teñen voz no libro. Ansioso ten Pedro Feijoo aos lectores que sacará un novo título en novembro, Un lume azul.
Outro auténtico hit foi Vicus. Un lugar do común (2017), publicada polo selo Bolanda e ambientada tamén en Vigo e na serra do Suído, ten desbancado o pasado ano en préstamos na Biblioteca Central de Vigo a bestsellers como Patria, de Fernando Aramburu, La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker, La sustancia del Mal, de Luca D'Andrea, e Todo esto te daré, de Dolores Redondo.
As raíñas do crime
Sí, elas pisan forte no xénero negro. Como a escritora viguesa María Oruña. O seu famoso Puerto escondido (2015) acumula 19 edicións con Planeta. O éxito desta novela foi tal que, o ano seguinte de publicarse, os concellos de Suances, Comillas e Santillana del Mar acordaron realizar unha ruta literari oficial seguindo a novela. A serie da teniente Valentina Redonda continuou con Un lugar a donde ir (2017), con once edicións e Donde fuimos invencibles (2018), o seu terceiro traballo, que suman sete edicións.
Cunha imaxe impactante comeza Beleza vermella (2019), de Arantza Portabales. O asasinato da sobriña dunha das artistas máis relevantes do panorama cultural polo seu círculo máis cercano aparece escrupulosamente escenificado cunha estampa que recorda a unha obra de vangarda. No momento do asasinato tan só cinco persoas atópanse na casa. Unha trepidante historia que xa enganchou a máis de dous mil lectores.
A coruñesa Nieves Abarca tamén ocupa un posto honorífico no xénero negro. Dende o 2012 non deixou de colleitar éxitos con Vicente Garrido. Os casos de Valentina Negro xa se converteron nun clásico do xénero con catro entregas Crímenes exquisitos (2012), Martyrium (2013), El hombre de la máscara de espejos (2014) e Los muertos viajan deprisa (2016). O seu último traballo, El beso de Tosca (2018), xa atrapou a máis de 30.000 lectores aos poucos meses de saír á luz.
A listaxe do noir galego péchase con unha das escritoras de moda, e con máis garra, do panorama literario. Ledicia Costas abandona momentaneamente a literatura infantil tras o éxico de Escarlatina, a cociñeira defunta (2014) e Esmeraldina, a pequena defunta (2016) e adéntrase no trepidante xénero negro cunha obra que non poderás deixar de ler ata acabala. Xa conta con máis de 4.400 exemplares vendidos. Asi que fagan as súas apostas, pero recorden que Galicia xoga todo ao negro.
As claves deste fenómeno literario as ten claras Francisco Castro, autor da novela negra Tes ata as dez (2014), outro auténtico éxito literario con máis de 4.500 exemplares vendidos. Esa é a mensaxe que, supostamente, recibe por correo electrónico o protagonista, Antonio Correa, do seu pai. Un correo que chega un día despois da morte do seu proxenitor e que lle obrigará a investigar un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Castro destaca, por encima de todo, o feito de que a novela negra é o xénero que máis se consome: En primeiro lugar a madurez do sistema literario galego, xa é un sistema maduro e ocúpase de tódalas temáticas. Faltábanos a novela negra, como explisión de xénero, no sentido de como se deu en castelán hai décadas. Así que é un síntoma de normalidade. Outro factor que tamén subraia o director da editorial Galaxia é o feito de que os autores de agora pensan no lector: Se nos anos 60 ou 70 o novelista pretende ser patriótico e que as novelas retraten Galicia, neste momento este asunto está superado e o que queremos é ter lectores e lectoras, facerlle pasar un bo momento, que pensen, que reflexionen (...), e nese sentido, o xénero negro permíteo ben. Tamén apunta o feito de que a xeneración actual de autores criouse vendo series de televisión: Levamos toda a vida vendo historias de detectives, crimes, tramas de intriga e loxicamente isto configúranos. E como derradeiro factor determinante considera que a literatura galega é unha literatura urbana: Escribimos historias urbanas e as cidades, nomeadamente Vigo, son escenarios que se prestan moito ás tramas policiais. Castro xa prepara un novo título que sairá en xaneiro, que conta con tódolos ingredientes dun thriller detectivesco.
Este último aspecto, e o do carácter urbano, que tamén o menciona Francisco Alonso, director de Xerais, que destaca o feito de que a novela negra en Galicia está en evolución: Temos a un autor tan importante como Diego Ameixeiras -con Conduce rápido (2014)-, que renovou o xénero de forma mor levante, e así foi recoñecido fóra de Galica. Un autor ao que na Semana Negra de Xixón lle teñen un enorme respecto. E iso é pola súa capacidade de renovar a novela negra. Vigo ten moito, unha estrutura urbana e unhas características urbanas que a fan máis próxima para a novela negra, pero hoxe a novela negra está moi aberta e ten moitas formas posibles, explica Alonso, que tamén destaca a obra de Manuel Esteban, A ira dos mansos (2016), premio Xerais do 2016 con 2.600 exemplares vendidos, e que tamén está ambientada en Vigo: A novela non nace como unha novela senón como unha necesidade miña de contar cousas, de explicarme a min mesmo e á miña contorna o que estabamos a vivir como pais dun rapaz con síndrome de Down. E áinda que o que aparece é unha novela negra, realmente é unha escusa para falar da vivencia diaria dunha persoa con síndrome de Down, explicou o autor nunha entrevista tras recibir o premio.
Vigo é tamén a capital do crime para Pedro Feijoo en Os fillos do mar (2011), finalista dos premios Xerais dese ano e outro auténtico fenómeno liberario en Galicia e con moi boas cr´ticas, con 9.800 exemplares vendidos. Ao igual que a cidade olívica é protagonista en Os fillos do lume (2017) e 3.200 exemplares, no que a corrupción urbanística e a política entran tamén en escena. Sen piedade (2018) convírtese, en cambio nunha especie de road movie literaria, na que os verdadeiros protagonistas non son os personaxes principais, senon as mulleres que non teñen voz no libro. Ansioso ten Pedro Feijoo aos lectores que sacará un novo título en novembro, Un lume azul.
Outro auténtico hit foi Vicus. Un lugar do común (2017), publicada polo selo Bolanda e ambientada tamén en Vigo e na serra do Suído, ten desbancado o pasado ano en préstamos na Biblioteca Central de Vigo a bestsellers como Patria, de Fernando Aramburu, La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker, La sustancia del Mal, de Luca D'Andrea, e Todo esto te daré, de Dolores Redondo.
As raíñas do crime
Sí, elas pisan forte no xénero negro. Como a escritora viguesa María Oruña. O seu famoso Puerto escondido (2015) acumula 19 edicións con Planeta. O éxito desta novela foi tal que, o ano seguinte de publicarse, os concellos de Suances, Comillas e Santillana del Mar acordaron realizar unha ruta literari oficial seguindo a novela. A serie da teniente Valentina Redonda continuou con Un lugar a donde ir (2017), con once edicións e Donde fuimos invencibles (2018), o seu terceiro traballo, que suman sete edicións.
Arantza Portabales: Penso que as cousas boas que me pasan non as merezo |
Cunha imaxe impactante comeza Beleza vermella (2019), de Arantza Portabales. O asasinato da sobriña dunha das artistas máis relevantes do panorama cultural polo seu círculo máis cercano aparece escrupulosamente escenificado cunha estampa que recorda a unha obra de vangarda. No momento do asasinato tan só cinco persoas atópanse na casa. Unha trepidante historia que xa enganchou a máis de dous mil lectores.
A coruñesa Nieves Abarca tamén ocupa un posto honorífico no xénero negro. Dende o 2012 non deixou de colleitar éxitos con Vicente Garrido. Os casos de Valentina Negro xa se converteron nun clásico do xénero con catro entregas Crímenes exquisitos (2012), Martyrium (2013), El hombre de la máscara de espejos (2014) e Los muertos viajan deprisa (2016). O seu último traballo, El beso de Tosca (2018), xa atrapou a máis de 30.000 lectores aos poucos meses de saír á luz.
Ledicia Costas: Obsesioneime. Deixei a pel na escrita |