Ola a todos! Hoxe é a receita máis sinxela, pero cun deseño interesante. Espero que che guste :)
E se tes un tomate e un ovo? Fai esta receita de almorzo económica e deliciosa para toda a familia. Para obter un diagrama detallado de como cociñar ovos, vexa o videoclip.
O fotógrafo e artista visual monfortino Ramón Casanova manda dende Barcelona o Poema XXVII de Luz e Sombras de Amor Resucitado (1995), incluído no 'Poesía última de amor e enfermidade' (Edicións Positivas). #LP25anos.
Neste novo programa de GZmúsica, Patty Castro entrevista a Nuada mentres Dani vai de festa co grupo Efémeras que está presentando o seu novo disco. Nós movémonos con GZmúsica!
O día a día da futbolista profesional é moito máis do que se ven nun partido ou nun adestramento. éDeporte introduce a súa cámara nos vestiarios do Deportivo ABANCA da Liga Iberdrola para analizar a rutina de traballo das deportistas de elite.
Yolanda Castaño é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes.
Detalle de Berbés UVigo a nova sede para a Universidade de Vigo no centro histórico coa rehabilitación de tres antigas casas de pescadores, obra de Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso.
A Deputación de Ourense, da man da Associação Impulsora Casa da Lusofonia, están a traballar para que a cidade das Burgas sexa sede dunha Casa da Lusofonía, dentro da rede de casas internacionais do Estado español.
Trátase dunha nova iniciativa, sete anos despois da aprobación da Lei Paz Andrade en Galicia, para ter unha maior presenza no mercado económico, social e cultural do mundo lusófono, sacándolle todo o proveito ao potencial da lingua galega como lingua extensa , útil e claramente internacional.
Sobre todos os pasos dados neste sentido nos últimos anos, falamos co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco; co secretario xeral da Associação Impulsora Casa da Lusofonia e portavoz para a defensa da ILP Paz Andrade no Parlamento Galego no 2013, Xosé Carlos Morell; o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González Palau; e a escritora, psicóloga e integrante da Comissão Executiva do Patronato da Fundação Academia Galega da Língua Portuguesa, Concha Rousia.
Plantas de eucalipto preparadas para
seren plantadas nunha vila da provincia de Lugo en vésperas da entrada
en vigor da moratoria CC-BY-SA Praza Pública
O CEIP do Carballal de Marín publicou este vídeo na súa conta 'O Recuncho de Tambo', xestionado pola biblioteca do centro e polo Departamento de Lingua Galega, coa participación do seu alumnado.
Distintos son os traballos realizados polo alumnado do IES María Soliño de Cangas do Morrazo, videocreacións a partir de varios dos poema de Xela Arias, como este 'Denuncia do equilibrio'
A Coordinadora Galega de Cooperación convértese na protagonista do cuarto programa de Retrincos, un programa de entrevistas que se emite en Nós Televisión. O presidente, Alejandro Quiñoá, e a secretaria, María Paz, da Coordinadora explican o labor que realizan e a transformación da cooperación internacional, entre outras.
Documental de Rubén Pardiñas estreado na Televisión de Galicia o 17 de maio (Día das Letras Galegas) de 2008.
En 1991 o programa de televisión Sitio Distinto, dirixido por Antón Reixa, convidou a un camioneiro orixinario de Valverde do Fresno, unha pequena localidade de Estremadura. O camioneiro falaba con Reixa na que dicía era a súa lingua nai, un idioma practicamente igual ao galego que deixou abraiados aos presentes. O programa descubriulle á audiencia algo que a maior parte da filoloxía xa coñecía, pero que tivo máis ben esquecido até hai pouco: nun illado val estremeño, unha comunidade de 5000 habitantes mantén viva unha variedade de galego-portugués dende que a zona foi repoboada no século XIII con xentes orixinarias de Galicia. Como vive realmente o "valego" do Val de Xálima?
Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares e
Manuel María, posando con cadanseus equipos de fútbol CC-BY-NC-SA
Fotos: O Dez/Cedidas - Nathan Rogers / Unsplash | Montaxe: Praza Pública
Os textos de «Orlando», de Virginia Woolf; «O mito de Sísifo» de Camus; e «A consagración da primavera» de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza para #Clásicasdesfeitas📖🎭
Unha proposta irreverente na que se cuestioina o propio canon do feito artístico e que se representou en marzo no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia con público reducido en número pola pandemia. Por iso, ofrecemos a gravación completa que ides poder ver este sábado, a partir das 10:00 horas, a través da nosa canle de Youtube🎥
Na peza os e as artistas Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Verónica Moar, Julia Laport, Manuel Lago, Jas Processor, Andrea Quintana e Paula Quintas partiron dun discurso centrado no corpo para vertebrar un diálogo aberto cos ciclos vitais, coa fluidez da identidade e cos procesos de resistencia.
Todo un traballo colectivo resultado das estadías creativas nas Residencias artísticas do Gaiás (REGA) e que tivo a coprodución do CDG - Salón Teatro e a Cidade da Cultura.
Conversa con Anxos Sobriño, actual presidenta da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización da Língua. Coñecemos á persoa tras semellante cargo, á responsable en certo modo de todas esas charlas da CTNL no LGx15, ese TEDx do galego. Un pracer ter falado con ela.
A pesar da pandemia, ao confinamento e á escasa mobilidade, A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o seu informe de 'A Liña do Galego' na que tramitou máis de 200 queixas.
Darío Gil Arias, fillo de Xela Arias, recita un poema de 'Darío a diario' (1996), o libro que a autora lle dedicou cando era só un bebé.
O vídeo forma parte da serie de micropezas 'Xela Arias. Onde canta a poeta', unha produción da Real Academia Galega no marco da programación do Día das Letras Galegas 2021. A Academia produce ademais a serie documental 'Xela Arias. A palabra esgazada', tamén dispoñible en Youtube.
Concurso de debate organizado polo departamento de filosofía do IES Monelos coa colaboración do EDLG do centro. Participa o alumnado de 1º de bacharelato (do 25 de abril ao 17 de maio). No ano de Xela Arias.
'Xela Arias. A palabra esgazada' é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021 composta por 6 capítulo breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora. O sexto e derradeiro capítulo pescuda a pegada da autora case dúas décadas despois do seu pasamento, de maneira especial entre as novas voces da poesía galega.
Ola, benvidos e benvidas á miña canle, Wendy Speaks Galego! Como se cadra xa adiviñaches, eu chámome Wendy, e nesta canle vou falar soamente en galego. O galego é unha lingua que me encanta, aínda que non o falo perfectamente, nin moito menos. A miña lingua materna é o inglés, eu nacín e medrei nos Estados Unidos, e actualmente vivo en Lisboa, Portugal. Falo varias outras linguas, sempre divírtome moito aprendendo linguas estranxeiras, e no ano 2020, cando me preparaba para facer o Camiño de Santiago, decidín aprender un pouco de galego.
Eu pensaba que este proxecto non iría moi lonxe, o meu obxectivo foi de memorizar algunhas frases e intentar usalas mentres estaba en Galicia, nada máis diso.
Pero o galego enganchoume, decateime logo de que co meu coñecemento do portugués e do castelán, que xa falo a un nivel bastante avanzado, que podía entender moi ben o galego máis ou menos dende o inicio. De maneira que, sen necesidade de pasar moito tempo estudando manuais de gramática ou escoitando diálogos para principiantes, eu puiden ir directamente á parte que para min é a parte máis divertida do proceso de aprendizaxe dunha nova lingua. Ler novelas, mirar documentais, ou sexa consumir contidos en galego que son feitos para galegofalantes nativos.