Os textos de «Orlando», de Virginia Woolf; «O mito de Sísifo» de Camus; e «A consagración da primavera» de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza para #Clásicasdesfeitas📖🎭
Unha proposta irreverente na que se cuestioina o propio canon do feito artístico e que se representou en marzo no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia con público reducido en número pola pandemia. Por iso, ofrecemos a gravación completa que ides poder ver este sábado, a partir das 10:00 horas, a través da nosa canle de Youtube🎥
Na peza os e as artistas Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Verónica Moar, Julia Laport, Manuel Lago, Jas Processor, Andrea Quintana e Paula Quintas partiron dun discurso centrado no corpo para vertebrar un diálogo aberto cos ciclos vitais, coa fluidez da identidade e cos procesos de resistencia. Todo un traballo colectivo resultado das estadías creativas nas Residencias artísticas do Gaiás (REGA) e que tivo a coprodución do CDG - Salón Teatro e a Cidade da Cultura.