20/05/21

A TERCEIRA PÓLA. Un recanto de fala galega en Estremadura 1/2

 Documental de Rubén Pardiñas estreado na Televisión de Galicia o 17 de maio (Día das Letras Galegas) de 2008. 

 En 1991 o programa de televisión Sitio Distinto, dirixido por Antón Reixa, convidou a un camioneiro orixinario de Valverde do Fresno, unha pequena localidade de Estremadura. O camioneiro falaba con Reixa na que dicía era a súa lingua nai, un idioma practicamente igual ao galego que deixou abraiados aos presentes. O programa descubriulle á audiencia algo que a maior parte da filoloxía xa coñecía, pero que tivo máis ben esquecido até hai pouco: nun illado val estremeño, unha comunidade de 5000 habitantes mantén viva unha variedade de galego-portugués dende que a zona foi repoboada no século XIII con xentes orixinarias de Galicia. Como vive realmente o "valego" do Val de Xálima?