27/04/21
26/04/21
25/04/21
XXVII certame literario "Xoán Díaz"
1ª EDICIÓN DO CONCURSO “HAI DEBATE” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS COA COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA
BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos
no curso 2020-2021.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte
do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de
tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as
persoas.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de
2021 e rematará na semana do 10 ao 14 de
maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.
4. O concurso desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía
e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis.
5. O tema escollido centrarase entre a diferenza entre natureza e cultura:
somos bos ou malos por natureza? Somos libres?
6. O concurso estará estruturado da seguinte maneira:
· Durante a primeira e segunda
semana (19 ao 23 de abril e 26 ao 30 de
abril) desenvolverase un debate en cada
grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de
A-B e C-D.
· Na primeira semana de maio (3-7
haberá a semifinal).
· Na segunda semana de maio (10-14 haberá a final).
7. O tema da semifinal e final estará centrado sobre a prevalencia dos
dereitos individuais sobre os grupais. “Está a liberdade individual por enriba
da liberdade colectiva”.
8. As sesións dos debates serán gravados.
9. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
· 1º Premio contará cunha dotación
de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
· 2º Premio contará cun vale que se
poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s
Bar.
10. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
24/04/21
Saúde e Terra, Inacio Vilariño!
Despois dun decenio dedicado ao teatro, comezou a escribir e a adaptar para a escena textos dramáticos, que representa coa compañía Fantoches Baj. En 2008 editou con Baía o libro ilustrado Tío Miseria. Tamén é colaborador do Instituto de Estudos de Literatura Tradicional da Universidade Nova de Lisboa.
PAKOLAS, imaxinación e rock and roll!
Pakolas é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico e produtor de música pensada para a cativada. Quedamos con el para saber máis do seu proxecto e da música infantil en Galiza.
Dúo Vaguedades - Falar por falar
Titorial para explicar como se debe ligar en distintas zonas de Galicia, algo para o que é fundamental a dialectoloxía. Complétase cunha canción que nos anima a falar os sete falares, falar por falar, falar sen parar, falar sen cancelas e falar en galego.
Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.
23/04/21
Entrevista a "Sumrrá"
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Sumrrá presenta '7 visións', o seu sétimo disco © Iván Barreiro
22/04/21
O "Garaxe Hermético", o valor do cómic galego
Pontevedra é a cidade galega do cómic. O historetista e ilustrador Kiko da Silva detectou unha eiva na formación en banda deseñada que "non se estaba impartindo como debería" polo que se decidiu a actuar e mudar o rumbo do cómic galego.
En 2012 fundaba a primeira escola profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia, o Garaxe Hermético. Nos últimos anos, o Garaxe Hermético conseguiu chegar a acordos coas editoriais Galaxia e Xerais. Dende Galaxia, Fran Castro expresa con absoluta claridade que a día de hoxe esta escola "é crucial" e engade: "xa perdín a conta do número de ilustradoras e ilustradores que saíron do Garaxe Hermético e traballan con Galaxia".
Unha mensaxe que repiten en Xerais cando lle petamos na porta. "É a única escola profesional con sona e traxectoria. Para nós é unha oportunidade", explica Francisco Alonso. Con todo, un dos factores máis importantes e ilusionantes atópase dentro do alumnado do propio Garaxe Hermético. Unha das súas alumnas sostén ante as cámaras de Nós Televisión: "o mercado vai estar mellor para as nosas xeracións". Nesa frase reside a forza desta escola e o futuro que se abre para o cómic galego.
Entrevista a Federico Pérez protagonista da película "Cuñados"
"Coa pandemia a xente ten ganas de desafogar un pouco. Hai moitas ganas de rir e 'Cuñados' axuda a iso"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Federico Pérez na rodaxe de 'Cuñados' © Filmax
Queres levar Galicia pegada na pel?
Os dez deseños de calcomanias escollidos © Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces
Galicia volve caer por baixo dos 2,7 millóns de habitantes malia ao incremento da poboación nacida fóra
Información David Lombao en Praza Pública
Nenos nunha escola infantil da Xunta, nunha imaxe de arquivo CC-BY-SA Xunta
21/04/21
Os límites dunha caída | A Velocidade Terminal
Durante unha caída, a forza da gravidade fai que a nosa velocidade aumente co tempo, pero... existe algún límite no rápido que podemos caer? É o mesmo tirar unha mazá dende 1 m que dende 100 m de altura? E que ten que ver todo isto co salto de Felix Baumgartner en 2012?
20/04/21
19/04/21
Hoxe poño a miña lingua!
Obxectivos específicos:
- Tomar conciencia da presenza da lingua inglesa na nosa vida diaria e, utilizando esta presenza, promover o uso do galego, e tamén doutras linguas minoritarias do estado (catalán, euskera e valencián).
- Establecer contactos con outros centros educativos doutras comunidades que teñan outra lingua oficial ademais do castelán.
- Concienciar as empresas téxtiles da necesidade de promover, non só a lingua inglesa ou castelá, senón tamén as linguas doutras comunidades autonómas como é o caso do galego.
Metodoloxía:
- Pedirase ao alumnado que traia camisetas, suadoiros ou cazadoras que teñan na casa con slogans escritos en inglés.
- Tomaranse fotografías de cada prenda de roupa e anotarase a marca de cada unha delas.
- A continuación, seleccionaranse as prendas a utilizar. Haberá un grupo de prendas que se escollerán para traducir ao galego. De dita selección serán envidas as fotos a outros institutos de Cataluña, Euskadi e Valencia para que sinalen a tradución no seu idioma.
- Con estas fotos crearase un mosaico (ou varios) dixitais, de xeito que, ao pasar o rato do ordenador por riba de cada prenda poderá lerse a tradución en diversas linguas.
- Enviaranse estes mosaicos aos institutos participantes.
- Por último, o alumnado contactará coas diversas marcas de roupa e escribiralles para intentar concienciar ás empresas téxtiles da necesidade de promover as linguas doutras comunidades autónomas que teñen unha lingua minorizada.
- As prendas de roupa poden ser un vehículo de promoción e tamén de coñecemento doutras linguas.
- Departamento implicado: lingua galega, lingua inglesa e tecnoloxía.
- Destinatarios: alumnado de 3º ESO (traballará na tradución) e 4º de ESO (elaborará as cartas para poñerse en contacto coas empresas téxtiles).
Marilar Aleixandre: «As sociedades guindan o que é incómodo ao pozo da desmemoria»
En As malas mulleres novela a vida das presas do cárecera da Galera da Coruña
Información Xesús Fraga La Voz de Galicia
O bar máis antigo da Coruña ten 130 anos e está nas Xubias
A tasca A Toquera funciona dende 1890 pasando o negocio de xeración a xeración.
Información de Alberto Mahía en La Voz de Galicia
18/04/21
Hai hoxe 27 anos a TVG emitía por primeira vez o Xabarín Club
Artigo de Marcos Pérez Pena (20-4-2017) en Praza Pública
"Esa 'Xeración Xabarín' hoxe é o sector máis activo da sociedade e iso incrementa a importancia do programa"
Figura do Xabarín nunha das edicións do Culturgal © Culturgal
Experimento de Michelson-Morley
Hai experimentos que axudan a confirmar o que xa sabiamos e hainos que... mudan por completo o noso xeito de entender o mundo!
Sen intención diso, Michelson e Morley levaron a cabo un experimento que fracasou, e porén, pasou á historia pola súa importancia.
17/04/21
As Irmandades da Fala, un movemento que non se pode entender sen o seu contexto internacional
Membros da Irmandade da Fala de Betanzos indo cara ao concello, 1918 © Arquivo Municipal de Betanzos
Saúde e Terra, Laura Romero!
Laura Romero é ilustradora, urban sketcher e música. Debuxa en vivo durante festivais e concertos, o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, espectáculos de música e ilustración en directo, deseño de logos para bandas, etc. É baixista en Zënzar e en MJ Pérez.
O Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, contará con máis de 45.000 metros cadrados
Información en Galicia Confidencial
Membros do Instituto de Estudos Ulloáns sinalizan a localizacion exacta do Centro Xeográfico de Galicia, ubicado en Nugallás (Antas de Ulla) | IEU
Zeca 1972 Galiza - o Zeca Afonso máis aló do Grândola
O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou en Compostela por vez primeira o Grândola. José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos fai parte da nosa historia. O Zeca forxou un vínculo co pobo galego que vai máis alá dos concertos e das amizades. 1972 tampouco é unha data calquera en Galiza. Este ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido o 10 de marzo a mans da policía franquista como pola forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais. Este documentario, producido por Nós Televisión, afonda no Zeca, no 1972 e na Galiza. Esta produción non tería sido posíbel sen a colaboración de Xarda Cooperativa Galega de Comunicación e a Associaçom José Afonso Galiza.
16/04/21
15/04/21
Conversa con TOMASHOW
Camiño da Geira e dos Arrieiros
Documental dirixido por Xoel Méndez no que se percorre o Camiño de Santiago desde Braga a través da ruta da Geira e dos Arrieiros. Cun enfoque eminentemente divulgativo e a xeito de road movie, a cámara (por terra e por aire) percorre esta senda que, malia o seu inxusto anonimato, xa conta seis séculos de historia. No camiño irá atopándose investigadores e persoeiros da vida política e cultural dos diversos concellos polos que pasa. Son eles quen, xunto cunha narración en off de corte neutral e informativo, irán ilustrando e explicando a importancia histórica dese itinerario, da paisaxe e do patrimonio que atesoura e que converte o da Geira nun dos vieiros con maior potencial e mellor valoración entre os peregrinos.
BAIUCA LIVE FROM APOLO | DIA EUROPEO DA MÚSICA 2020
Baiuca é o alcume do galego Alejandro Guillán, artista que sorprendou co seu primeiro disco longo ("Solpor", 2018), cunha mistura de sons tradicionais e electrónica. Aquí vos deixamos un miniset gravado en directo na Sala Apolo de Barcelona, que Alejandro nos regalu como motivo do Día Europeo da Música (2020).
14/04/21
As primeiras horas da II República en Galicia: música e bandeiras entre chamadas á orde e á esperanza
Información de David Lombao en Praza Pública
Unha alegoría da República substitúe o retrato do rei no Pazo de María Pita o 14 de abril de 1931, nunha imaxe custodiada no arquivo da RAG e incluída no repositorio europeo Europeana CC-BY-NC-ND RAG / Europeana
13/04/21
12/04/21
Agustín Fernández Paz: "A viaxe da Gagarin"
O 12 de abril de 1961, hai sesenta anos, o cosmonauta soviético Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. O escritor e docente Agustín Fernández Paz publicou esta novela no ano 2014 que, aproveitando a proeza deste feito, evoca a memoria dos feitos da súa adolescencia e mocidade. A cidade da Coruña será o marco espacial onde se desenvolva o relato.
Recensión da novela en edicións Xerais
11/04/21
1ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA”
Bases do concurso
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2020-2021.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará na semana do 10 ao 14 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.
4. O concurso terá tres niveis:
· 1º e 2º de ESO.
· 3º e 4º de ESO.
· Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:
· Durante a primeira semana (19 ao 23 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
· Na segunda semana (do 26 ao 30 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
· Na terceira semana (do 3 ao 7 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas.
· Na derradeira semana (10 a 14 de maio) poderán ser gañadores únicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público no taboleiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
· 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
· 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas tres semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
"Hai que rematar co mito de que as cousas en galego non se venden fóra. Claro que se venden, o que hai que ter é calidade"
Ghaleb Jaber Martínez, showrunner (produtor e guionista) da serie © CTV
Un programa da TVG expón a unha muller a reencontrarse cun ex-mozo co que rompera por controlala
Un intre da emisión do programa 'Land Rober' da TVG, este 8 de abril © CRTVG