Programa de radio elaborado polas alumnas de 4º ESO B: Victoria Estrada e África Trillo (na locución) e Celtia Suárez (no control do son).
22/02/22
Pilar Pallarés
Unha marabillosa entrevista con Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019.
Realizado coa colaboración da Deputación da Coruña.
21/02/22
Coreografíate: "Auga". Marián Veiras
2º premio da categoría Xeral Coreografía gañadora do I Coreografíate organizado pola AS-PG en colaboración coa Deputación da Coruña.
20/02/22
A Casa das Ciencias celebra o Día de Rosalía de Castro
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, a Casa das Ciencias dedicará uns minutos en todas as súas sesións de Planetario a ensinar a situar no ceo a estrela que leva o nome da escritora galega.
Información en Concello da Coruña
O SABOR DA GALEGUIDADE - Catrineta
Que as empresas deben enraizarse na realidade territorial e cultural do país no que están asentadas é un feito constatable, e en Galicia son cada vez máis as que practican esa filosofía económica. Os produtos galegos son recoñecidos nos mercados pola gran calidade da súa materia prima; se a esa calidade engadimos a lingua galega nas etiquetas e publicidade estaremos creando unha marca propia definitoria dunha maneira de ser e de facer.
Porque o plurilingüísmo é un feito que define un mundo diverso e poliédrico onde as empresas para ser diferenciadas nos mercados e non perderse na globalidade, deberán sinalar a súa produción cunha marca de calidade propia, e o uso da lingua galega na etiquetaxe forma parte desa marca diferenciada.
Presentar á cidadanía os produtos que saen da terra etiquetados na nosa lingua é un plus de identidade que o consumidor agradece e apoia, porque reforza e valora os esforzos dos produtores por achegar aos consumidores produtos de calidade.
A campaña O Sabor da Galeguidade acerca á cidadanía a varios produtores galegos que apostan pola lingua galega para etiquetar os seus produtos de alta calidade, poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade como garantía de orixe.
19/02/22
Entrevista a Henrique Monteagudo - O idioma galego baixo o franquismo
O membro da Real Academia Galega, director da revista Grial e profesor da Universidade de Santiago, Henrique Monteagudo, presenta 'O idioma galego baixo o franquismo'. Esta obra, continuación da 'Historia social da lingua galega', analiza a política lingüística da ditadura franquista.
A marxinación sistemática do galego e a imposición coactiva do castelán abocaron a un proceso de substitución masiva do galego. "A ditadura franquista deixou un legado moi pesado sobre o galego e ainda estamos, a día de hoxe, con ese lastre detrás", afirma.
O foco deste ensaio sitúase na resistencia político-cultural galeguista e na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma como o seu elemento definidor.
VII Lacónicas - Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos
Do 10 de febreiro ao 6 de marzo goza en 32 locais da Coruña das Xornadas Gastronómicas adicadas ao lacón con grelos.
O documental 'Xeración Perdida 36' busca "recuperar a memoria duns nomes que quixeron borrar da historia"
Representantes municipais da Coruña durante a Segunda República Dominio Público Deputación da Coruña
Sada disponse a desenterrar o río Maior
Información de David Lombao en Praza Pública
Rúa sobre o río soterrado en Sada (2018) e imaxe histórica da zona, divulgada polo Concello, co río a ceo aberto © Google | Concello de Sada
Conversa con Cris Terceiro
A Cris Terceito é xornalista e a parte diso creadora do podcast Viaxantas, que non podes perder baixo ningún concepto. E unha moi boa compañeira no "Oiches?" o podcast oficial de podgalego.
18/02/22
Inês, aquilo que nos une - MJ Pérez
Trinta anos no mar de Terranova: "Non podemos ir a porto faga o tempo que faga; é moi malo cando máis peixe hai"
Información Ana G. Liste en Praza Pública
Unha aeronave dos servizos de rescate canadenses, no mar de Terranova á procura dos tripulantes do Villa de Pitanxo tras o naufraxio © JRCC Halifax
17/02/22
16/02/22
Naufraxio en Terranova: O terceiro sobrevivente do "Villa de Pitanxo" é un mariñeiro de Marín nacido en Ghana
15/2/2022 Un pesqueiro con base en Marín naufraga en Terranova e son rescatados tres dos seus 24 tripulantes. A alerta do Villa de Pitanxo recibiuse ás 5:24 da madrugada do 15 de febreiro -hora galega- e cinco horas despois foron achados tres sobreviventes. Pesqueiros galegos e portugueses e os servizos de rescate do Canadá colaboran nos labores de rescate, que xa recuperaron 10 corpos sen vida.
Entrevista a Isabel Calvete vicepresidenta das Anpas galegas: "Temos que deixar de considerar os nenos e nenas como números: son o futuro deste país"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Cartel das xornadas Anpas galegas no rural © Anpas galegas
DEIXA EN HERDANZA A TÚA LINGUA
Houbo tempos –séculos atrás- que era frecuente encontrar nos protocolos notariais mandas testamentarias. Nelas o testador impúñalles aos herdeiros obrigas de carácter piadoso, por regra xeral. Case todas elas referidas ás crenzas relixiosas imperantes na sociedade: celebración de cabodanos, construción de cruceiros ou hermidas cunha advocación conreta... Desta maneira foise consolidando xeración tras xeración o respeto e fomento dunha cultura relixiosa. Certo é tamén que había outras moitas cargas para os herdeiros como por exemplo “dar unha pitança o día festa” aos criados. Nun comezo eses protocolos notariais estaban escritos en galego.Tempo despois, a partir do século XVI, foron reemprazados pola prosa notarial en castelán.
15/02/22
Parladoiro entre o Fiscal da Fiscalía Superior de Galicia, Carlos Varela e Consuelo Castro
Carlos Varela e Consuelo Castro manteñen unha parola arredor da lingua galega e da súa normalización nos estamentos xudiciais e a xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional respecto dos dereitos lingüísticos. A súa visión é fundamental para entendermos as posibilidades e eivas que ten o noso idioma para o seu uso nas instancias xudiciais e órganos do Estado.
14/02/22
Promocionando o IES Monelos
Traballos publicitarios elaborados polo alumnado de 1º de bacharelato no curso 2021-2022 por iniciativa do departamentode Música.
Luís Soto, discurso para un país
Luís Soto foi moitas cousas. Foi un neno desperto nunha Galicia rural atrasada e famenta. Foi un mestre comprometido coa educación dunha sociedade pobre e analfabeta. Foi un loitador polas liberdades e un político decisivo na reconstrución do nacionalismo galego e dun discurso que o orientase, valéndose de organizacións no exilio ou de publicacións que acadaron gran prestixio, como a revista "Vieiros" unha das poucas publicacións monolingües editada na diáspora. O seu alento fixo posible a creación dunha formación política que vertebrase a conciencia nacional que aniñaba reprimida no noso pobo por mor da ditadura franquista. A UPG había ser esa expresión partidaria que co paso dos anos foi asentándose na sociedade galega. Sen o traballo constante e entregado de Luís Soto a Galicia de hoxe sería ben distinta.
13/02/22
O SABOR DA GALEGUIDADE - Maruxio
Que as empresas deben enraizarse na realidade territorial e cultural do país no que están asentadas é un feito constatable, e en Galicia son cada vez máis as que practican esa filosofía económica. Os produtos galegos son recoñecidos nos mercados pola gran calidade da súa materia prima; se a esa calidade engadimos a lingua galega nas etiquetas e publicidade estaremos creando unha marca propia definitoria dunha maneira de ser e de facer.
Porque o plurilingüísmo é un feito que define un mundo diverso e poliédrico onde as empresas para ser diferenciadas nos mercados e non perderse na globalidade, deberán sinalar a súa produción cunha marca de calidade propia, e o uso da lingua galega na etiquetaxe forma parte desa marca diferenciada.
Presentar á cidadanía os produtos que saen da terra etiquetados na nosa lingua é un plus de identidade que o consumidor agradece e apoia, porque reforza e valora os esforzos dos produtores por achegar aos consumidores produtos de calidade.
A campaña O Sabor da Galeguidade acerca á cidadanía a varios produtores galegos que apostan pola lingua galega para etiquetar os seus produtos de alta calidade, poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade como garantía de orixe.
12/02/22
Entrega dos premios aos gañadores do concurso de carteis do día da paz de 1º ESO
Concurso organizado polo EDLG do centro en colaboración co departamento de debuxo
2º premio:Santiago Becerra Fernández
Premio do alumnado: Matteo Nicolás Lisi Piñeiro
Entre Línguas | DOCUMENTÁRIO
Ao longo da fronteira com Portugal, desde a Província de Samora até a de Badajoz, existem territórios que, por diferentes vicissitudes históricas, possuem actualmente soberania espanhola e conservam um falar muito semelhante ao galego.
Documentário dirigido por Eduardo Sanches Maragoto, João José Varela e Vanessa Vila Verde.
70 minutos con Yolanda Castaño
Nesta edición de 70 minutos, Yolanda Castaño é entrevistada pola tamén poeta Alba Cid.
Pezas musicais de Monqup.
Terra-TANXUGUEIRAS (guitarra)
Lección de guitarra de Brais Morán collendo como tema Terra de Tanxugueiras.
Francisco Rodríguez presenta o seu último ensaio sobre o reino da Galiza
Francisco Rodríguez presentou na cuarta feira, no Museo do Pobo Galego, un ensaio sobre o reino medieval da Galiza que desvela a ocultación e a manipulación dunha parte esencial da nosa Historia. A obra, de máis de 500 páxinas, reconstrúe o esplendor daquel reino en contra da "manipulación ao servizo de Castela".
Presentación do ensaio 'Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza', de Francisco Rodríguez. (Foto: Arxina)
11/02/22
1 de cada 10 adolescentes de Galicia recibiu presións para enviar imaxes de contido sexual a través da rede
Unha das imaxes empregadas na presentación do informe 'Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia. Relacións, Riscos e Oportunidades' © Unicef Galicia
Entrevista a Ánxeles Cuña: "Sen ter coñecido a Begoña Caamaño, teño a sensación de que a coñecemos ben, de que conectamos con ela"
Sabela Gago e Elena Seijo, en 'Morgana en Esmelle' de Sarabela Teatro © Ovidio Aldegunde
10/02/22
09/02/22
08/02/22
Radio Monelos programa sobre música galega: Sés
Programa realizado polo alumnado de 4º de ESO: Alba Arias e Samuel Fernández. No control do son estivo a alumna de 1º ESO C Catalina Bago.
07/02/22
06/02/22
Entrevista a Rafael Pillado: "Non quero morrer en silencio, a mellor defensa dunha persoa enferma de amianto é que se saiba"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Rafael Pillado, nunha visita ao cárcere de Carabanchel © Fundacion 10 de marzo
05/02/22
04/02/22
O videoxogo de mitoloxía celta 'The Waylanders' convértese na maior aposta galega da historia no sector
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
The Waylanders desenvólvese na Galicia castrexa e medieval © Gato Salvaje
'21 días co galego' coas Tanxugueiras como símbolo: "o programa deixa un pouso de gañar orgullo e de abrirse á lingua"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
'21 días co galego e +' no IES de Meaño © 21 días co galego e +
O Estado pon a lagoa de Antela como exemplo de zona húmida para recuperar na próxima década
Información de David Reinero en Praza Pública
A lagoa de Antela, pouco antes da súa desecación © Arquivo Histórico Provincial de Ourense
O cancro fai (máis) pobres: “Máis de 1.500 persoas en Galicia atópanse en situación laboral de risco”
muralla de Lugo iluminouse de verde esperanza polo Día Mundial contra o Cancro CC-BY-SA Xunta de Galicia
03/02/22
Elas, produtoras executivas
02/02/22
01/02/22
Música galega: Verto
Programa de radio realizado polas alumnas de 1º de bacharelato Paula Fariña e Andrea Rodríguez. No control de son estivo o alumno de 1º ESO C Santiago Camas.
31/01/22
Loitar saben - 2
Serie documental de dous capítulos que dá a coñecer o papel que exerceron as mulleres galegas no século XX e o paso destas do espazo privado ao espazo público. Faise a través da historia de mulleres de emigrantes que ficaron na casa e dun equipo de fútbol feminino, unhas e outras contadas por mulleres de distintas zonas de Galicia.
Pretende tratar temáticas desatendidas pola historiografía e evitar a perda do patrimonio oral e da memoria da sociedade galega mediante a recollida de relatos familiares e colectivos para que non sexan esquecidos.
Este segundo capítulo versa sobre o espazo público da muller neste caso no ámbito do deporte falando da historia do equipo feminino da parroquia de Loiba (Ortigueira).