Houbo tempos –séculos atrás- que era frecuente encontrar nos protocolos notariais mandas testamentarias. Nelas o testador impúñalles aos herdeiros obrigas de carácter piadoso, por regra xeral. Case todas elas referidas ás crenzas relixiosas imperantes na sociedade: celebración de cabodanos, construción de cruceiros ou hermidas cunha advocación conreta... Desta maneira foise consolidando xeración tras xeración o respeto e fomento dunha cultura relixiosa. Certo é tamén que había outras moitas cargas para os herdeiros como por exemplo “dar unha pitança o día festa” aos criados. Nun comezo eses protocolos notariais estaban escritos en galego.Tempo despois, a partir do século XVI, foron reemprazados pola prosa notarial en castelán.