12/02/22

Francisco Rodríguez presenta o seu último ensaio sobre o reino da Galiza

 Francisco Rodríguez presentou na cuarta feira, no Museo do Pobo Galego, un ensaio sobre o reino medieval da Galiza que desvela a ocultación e a manipulación dunha parte esencial da nosa Historia. A obra, de máis de 500 páxinas, reconstrúe o esplendor daquel reino en contra da "manipulación ao servizo de Castela".

Información en Nós Diario

Presentación do ensaio 'Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza', de Francisco Rodríguez. (Foto: Arxina)