Serie documental de dous capítulos que dá a coñecer o papel que exerceron as mulleres galegas no século XX e o paso destas do espazo privado ao espazo público. Faise a través da historia de mulleres de emigrantes que ficaron na casa e dun equipo de fútbol feminino, unhas e outras contadas por mulleres de distintas zonas de Galicia.
Pretende tratar temáticas desatendidas pola historiografía e evitar a perda do patrimonio oral e da memoria da sociedade galega mediante a recollida de relatos familiares e colectivos para que non sexan esquecidos.
Este segundo capítulo versa sobre o espazo público da muller neste caso no ámbito do deporte falando da historia do equipo feminino da parroquia de Loiba (Ortigueira).