Información de Ana Carro en La Opinión de A Coruña
Nunha das cidades con máis librerías por habitante, o número de lectores aumentou nos últimos meses pola pandemia e os bonos para incentivar o consumo.
Información de Ana Carro en La Opinión de A Coruña
Nunha das cidades con máis librerías por habitante, o número de lectores aumentou nos últimos meses pola pandemia e os bonos para incentivar o consumo.
Información de Xosé A. Fraga en La Opinión de A Coruña
Retrato de Francisco Mourelle. Museo Naval, autor anónimo. | // FDV
Información de Gemma Malvido en La Opinión de A Coruña
Yolanda Castaño, María Eloy-García, directora artística de Col&Col, e Rocío da Maya. | // VÍCTOR ECHAVE
Información de Montse Dopico en Praza Pública
Luma Gómez, en 'Gloria Nacional', de Teatro do Noroeste © Teatro do Noroeste
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e Carmen Pomar, conselleira de Educación entre 2018 e 2020, nunha visita a un centro de ensino de Ames xunto a outros cargos autonómicos e locais © Xunta
O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un home estraño, unha figura extravagante que aparece de súpeto no medio da calzada e que axiña esperta a súa curiosidade. Ambientada na Galicia preautonómica de 1980, “Un home estraño” é unha novela que pretende contribuír ao coñecemento de toda unha época, a chamada Transición, a partir dunha tripla indagación identitaria: a do verdadeiro rostro que se esconde tras o poder, a investigación sobre unha determinada concepción da loucura (a máis romántica de todas, como parte do conflito inevitábel entre a identidade individual e a colectiva) e a pescuda sobre a natureza esencial dun pobo que loita pola súa diferenciación nun clima de grandes esperanzas pero, tamén, de moitas doses de inxenuidade.
Asistentes ao concerto de La La Love You, na noite deste 4 de outubro en Lugo, no inicio do San Froilán © Concello de Lugo
Información de M.O.M. en La Opinión de A Coruña
Manifestación veciñal nos Mallos o pasado día 18 de setembro. | CASTELEIRO/Roller Axencia
Casa natal de Rosalía, na actual Praza de Vigo de Santiago de Compostela Dominio Público Tirada de memoriasdecompostela.blogspot.com.es
"Loubanza á toponimia enxebre" é un poema de Florencio Manuel Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903 - California, 1987) no que reivindica a galeguización dos nomes de lugares que foron deturpados . O vídeo foi realizado en setembro de 2014 coa voz de Lola Fernández e fotografías de Gustavo Docampo.
"Véndese casa rural en Galicia", un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competindo nun mercado global e sometida a restricións lexislativas que impiden o pleno desenvolvemento das súas capacidades produtivas.
Pero aínda queda máis: milleiros de hectáreas de cultivos e pastos quedan no monte para ser pasto dos incendios, pero esas terras seguen a ter dono e moitos deles son descendentes de foreiros -o foro foi o modo de organización e distribución da produción agraria desde o século XII ata o XX-. O documental fai un repaso polo proceso de desamortización, unha fórmula política fracasada que non significou o acceso dos campesiños á propiedade da terra; sen embargo, no primeiro cuarto do século XX, comezaron a abrollar iniciativas modernizadoras da agricultura e tamén naceu o agrarismo como un movemento social que demandaba a racionalización da propiedade e da produción agrícola, que logo propiciaría nalgunhas comarcas a concentración parcelaria, xa na segunda metade do s.XX.
A proposta do goberno galego actual de crear un banco de terras parece a derradeira oportunidade para que as terras abandonadas recuperen a súa función produtiva e o seu valor. A serie documental Historias de Galicia que foi emitida pola TVG, e estivo dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Xosé Barato.
A vida de María Miramontes estivo próxima a ficar no esquecimento. A súa invisibilización ten dous motivos: ser muller e vítima da represión franquista. Filla de xornaleiros, comeza a traballar como costureira con só 11 anos na cidade da Coruña. Militará nas Irmandades da Fala e formará parte da súa xunta directiva. Nese ambiente activista coñecerá a Anxel Casal, o seu marido e compañeiro de loitas, co que decidirá instalarse en Santiago de Compostela unha vez sexa proclamada a República.
Modista reputada na sociedade santiaguesa, o seu traballo foi fundamental para o sostemento económico das diversas iniciativas editoriais e culturais do galeguismo: as Irmandades da Fala, as editoriais Lar e Nós e as Escolas do Insiño Galego. Xunto a outras militantes galeguistas, María vai participar activamente da criación do Partido Galeguista e da campaña a prol do Estatuto de Galiza.
Após o golpe de Estado e a detención e asasinato do seu home, Anxel Casal, María Miramontes vese obrigada a marchar para o exilio. Será en Buenos Aires onde falecerá o 17de setembro de 1964.
Igualdade para a dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
Moi agradecidos e agradecidas a Antón Rubal, Xulia Rigueiro, Luís Iglesias, Nora Abad, Monti Castiñeiras, Tere Santamaría e Tacho González por poren a súa voz e cara nun vídeo no que se reivindica poder ver ficción internacional en galego e que os de fóra tamén podan ver ficción galega en galego e nas súas linguas.
Información Galicia Confidencial
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (c), á súa saída tras o acto de clausura do II Foro La Toja-Vínculo Atlántico celebrado na Illa de Toja, Pontevedra, Galicia, (España), a 3 de setembro de 2020.. Beatriz Ciscar - Europa Press
'A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico', un percorrido pola Ribeira Sacra desde o seu núcleo. Unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás, que achegan o público espectador de primeira man á verdadeira identidade do territorio. O documental audiovisual, de algo máis dunha hora de duración, foi dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e producido por Chantada Comunicación.
Protesta contra os recortes de profesorado no CEIP Ramón de la Sagra da Coruña © Marea Atlántica
Información de David Lombao en Praza Pública
Xiringas para a administración de vacinas contra a COVID nun dos recintos de vacinación masiva do Sergas CC-BY-SA Xunta
Dous barrios, que recordou "que teñen 100 e 50 anos respectivamente". "Un século dende o comezo da Cidade Xardín e 50 anos da finalización da última das Unidades Veciñais do Barrio das Flores, a unidade veciñal número 4 de Andrés Fernández-Albalat, á que honramos na semana da arquitectura de 2020 ", especificou, e engadiu que son" dous barrios que representan modelos de crecemento opostos, pero dos que podemos aprender moito a través da súa análise e coñecemento ".
A Semana da Arquitectura comezará o venres 1 de outubro e antes a inauguración terá lugar na Fundación Luis Seoane da exposición "Parellas", do fotógrafo Manuel Sendón. O venres inaugurarase a exposición “Aprender da Cidade Xardín”, comisariada por Patricia Sabín e Enrique Blanco, a través dunha charla do profesor José Ramón Alonso Pereira na Sala de Exposicións Municipal María Pita.
O programa inclúe unha semana de actividades nas que haberá visitas ao Barrio das Flores e a Cidade Xardín e dous días de charlas ás que asistirán arquitectos e profesores de arquitectura como Carlos Sambricio, Miguel Toba, Fernando Agrasar, Antonio Río , Cristina Pardo, Belén Vaz, Miguel Abejera, Patricia Sabín ou Juan Caridad. Este ano como novidade haberá unha sesión de cine na Igrexa do Rexurdimento con películas relacionadas co Barrio das Flores e a semana pecharase o 8 de outubro cun programa de radio especial. Pola súa banda, o director da Escola de Arquitectura, Plácido Lizancos, destacou que a arquitectura é unha disciplina formidable; “Apoia a actividade económica, crea cultura, pero sobre todo é unha ferramenta para crear os nosos espazos habitados.
A cidade na que todos nos cumprimos ”. E felicitou ao goberno local "por celebrar a arquitectura". Destacou o valor de Cidade Xardín e o Barrio das Flores, dúas pezas tan diferentes entre si, pero que teñen certas características comúns. Lizancos anticipou que ambos se construíron dun xeito unitario, que se levantaron máis alá dos límites da cidade e que contan con pezas arquitectónicas de gran interese. Ao mesmo tempo, recordou que teñen en común o seu alto descoñecemento por parte do gran público, situación sobre a que aclarou que "van tratar de paliar". Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, invitou aos cidadáns a visitar a exposición inédita do fotógrafo Manuel Sendón, que fala das vivendas que compoñen as casas baratas de Juan Canalejo e de como o paso do tempo cambiou de aspecto. "Unha exposición con dobre lectura, por unha banda, fala do discurso derivado da arquitectura nas cidades e dos discursos e da derivación das persoas que compoñen esa arquitectura", explicou.
O programa completo estará dispoñible na páxina web do Concello. Calquera que desexe participar nas actividades do Barrio das Flores ata completar o aforo limitado polas restricións actuais, mentres que nas actividades de Cidade Xardín é necesario inscribirse no seguinte correo electrónico: semanadaarquitectura2021 @ coruna. gal.
No festival Revenidas de Vilaxoán entrevistamos a tres proxectos que están a remexer o panorama musical galego: Verto, co seu pop de ritmos funk, Laura Lamontagne & Pico Amperio, coa súa mistura de literatura, hip-hop e autotune e a electrónica rural vocal de MounQup. Nós movémonos con GZMúsica!
A proba de longa distancia en augas abertas regresou onte á cidade
Información en La Opinión de A Coruña
Información La Opinión de A Coruña
O Liceo gáñalle 3-1 ao Xirona Víctor Echave
Entrevista de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Gustavo César Veloso, na última edición da Volta a Portugal © Desporto Pipebomb
O libro Peixes e outra fauna mariña que editou A Mesa pola Normalización Lingüística ten canción de Magín Blanco: "Peixiños do mar".
Soldados de Franco, a premiada e recoñecida obra do historiador galego Francisco J. Leira-Castiñeira, conclúe que a diversidade da xente mobilizada polo bando franquista era tal que, malia que a ditadura construíu un mito baseado en homenaxes a heroes combatentes, eran moitos deles os que renegaban daquel conflito e mesmo da ideoloxía dos seus superiores. A súa nova obra, Soldados forzosos, insiste nese fenómeno, pero de maneira máis breve e gráfica, a través de imaxes que retratan o drama e as viviencias persoais dos galegos reclutad. Velaquí algunhas desas fotografías.
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Manel Pazo, presidente da Asociación Eólica de Galicia © EGA
Viaxe polo Centro Histórico de Vigo, o barrio da cidade que abranguía a antiga muralla. O Paseo de Afonso XII, luminoso miradoiro que marca os límites co Barrio Alto, lévanos ao barrio dos mariñeiros, onde están os tramos mais arcaicos, ata alcanzar o litoral -San Francisco e O Berbés, A Pedra e A Laxe- hoxe co mar retraído e moi transformado.
O mundo institucional comparece no contorno da Concatedral e a Praza da Constitución, que nos conduce á Porta do Sol, linde coa cidade contemporánea. Unha xeografía encostada, dotada dunha enxeñería contundente, onde son continuas as reviravoltas entre escaleiras, ramplas e pasos elevados, camiñando abeirados por cruceiros, escudos, fontes e algunha escultura de vanguarda. Evidénciase en todo o conxunto os fortes contrastes urbanísticos e sociolóxicos, o bater desproporcionado entre o novo e o antigo.
Estas imaxes pertencen a un documental editado en 2010, do mesmo autor. Ofrécense numerosas perspectivas aéreas, gravadas dende os rañaceos do barrio.
© Basilio Cegarra
Información de David Lombao en Praza Pública
Edificios de vivendas e guindastre de obra no centro dunha cidade galega CC-BY-SA Ana Varela / Xunta